jueves, 17 de junio de 2010

A Deputación aproba dous novos proxectos no Grove para acometer varias obras de mellora no Campo de Fútbol Monte da Vila e en San Vincente, cun investimento de preto de 200.000 euros

Coa aprobación destas obras a Deputación xa leva dado o visto bo ó 70% dos proxectos do PID no municipio grovense, cun investimento total de 889.791,19 euros

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Gabinete de Comunicación
16 XUÑO 2010
A Deputación Provincial de Pontevedra aprobou hoxe dous novos proxectos no municipio de O Grove para construír un ximnasio e acometer diferentes obras de mellora no Campo de Fútbol Monte da Vila e para dotar de beirarrúas e canalizar as augas pluviais no núcleo rural de San Vicente. Nestas obras serán investidos 187.768,46 euros (66.425,24 € e 121.343,22 €, respectivamente) procedentes do Plan de Investimentos da institución provincial (PID).
Se trata, por un lado, de mellorar as instalacións a disposición dos veciños mediante a reforma do acceso ó campo de fútbol, a execución dun ximnasio e a substitución das torres de iluminación do terreo de xogo. A reforma do acceso ó campo é unha obra sinxela que consiste en adecentar as taquillas existentes coa instalación dunha carpintería exterior e instalar unha cuberta lixeira de chapa sobre o forxado actual, dado que este carece da impermeabilidade adecuada. A execución do ximnasio pasa por rematar a sala que se contemplaba para este fin no proxecto de reforma do campo. En canto á substitución das torres de iluminación faise imprescindible porque estas carecen de acceso ó lugar onde se anclan os proxectores, de xeito que por calquera avaría se debe chamar a un camión grúa especial que chegue ata ás torres sen deteriorar ó céspede. No Campo de Fútbol Monte da Vila a Deputación xa ten actuado anteriormente coa realización de novas bancadas, servizos hixiénicos, vestiarios e dotación de céspede artificial.
Doutro lado, no lugar de San Vicente, procederase á construción de beirarrúas, así como á canalización de augas pluviais. Esta actuación comprende o tramo que vai dende a Igrexa parroquial ó núcleo rural de San Vicente. En concreto, esta obra require actuacións como: o corte e demolición dos firmes existentes, retranqueo de bordillos, farois, árbores, sinais, etc., apertura de zanjas para a posterior instalación de canalizacións de saneamento, movementos de terras e reposición dos firmes.
Coa aprobación deste proxecto, a Deputación deulle xa o visto bo ó 70% das obras presentadas polo Concello de O Grove. En total entidade provincial investirá unha contía de 889.791,19 euros na execución de dez actuacións no período 2009-2011 neste municipio.
Ademais dos proxectos mencionadas, xa se aprobaron no Grove: a obra de instalación de servizos en Lordelo, a renovación de pavimentos en diferentes pistas e a urbanización do barrio Virxe das Mareas, a ampliación da base de Protección Civil e a construción dun parque infantil.
O PID
O PID 2009-2011, dirixido a colaborar e fomentar o desenvolvemento dos concellos da provincia, achegará en total uns 70 millóns de euros. Estes, irán destinados a acometer máis de 520 obras na provincia e posibilitarán máis de 3.000 postos de traballo. As cantidades asignadas ós Concellos do Plan de Investimentos da Deputación repartíronse tomando como criterio o 50% de poboación e o 50% de superficie.

No hay comentarios: