Cúmprense os peores augurios denunciados polo Partido Popular fai dous meses, cando se coñecían os invitados a presentar ofertas as obras do Plan de Sostenibilidade.
O Grove, 8 de xuño de 2010.
Feitas xa, as últimas adxudicacións (2 de xuño de 2010) do Plan de sostenibilidade (tamén coñecido como Plan E II), as sospeitas que o Partido Popular de O Grove denunciou fai un par de meses referentes a contratación destas obras a empresas de fora do Grove, consumáronse tal e como denunciou este partido.
Nos seguintes días a aquela denuncia do Partido Popular, o alcalde arremeteu contra os responsables do mesmo con toda clase de improperios, aínda sen saber hoxe o porqué, posto que todo canto afirmamos naquela rolda de prensa vese agora corroborado co seu inexplicable proceder.
En vez de extraer conclusións e modificalo procedemento (estaba en tempo) que tornase aquelas invitacións a empresas foráneas en oportunidades para as empresas grovenses non o fixo e incomprensible e sospeitosamente decantouse como xa é costume por axudar as de fora.
Tamén tratou de infundir algún tipo de sospeita lanzando o aire, que fose este partido quen lle dixera as empresas que debería contratar, ao cál o Partido Popular de O Grove respostou rexistrando un escrito no concello (que adxunto) o 28 de abril do ano que andamos cunha relación de 29 empresas grovenses que poderían perfectamente seren invitadas ao igual cas outras a presentar ofertas.
Tristemente o que naquel entonces denunciabamos como sospeita do que ía pasar consumouse en tódolos termos. Non se fallou un só prognostico dos feitos e de verdade que nos gustaría ternos equivocado porque significaría unha rectificación que beneficiaria aos nosos veciños empresarios.
De que valen as campañas nas que o concello participa solicitándolle aos veciños que compren no comercio local, que consuman no Grove, que contraten os seus servizos aquí, si o propio concello cando ten a oportunidade o fai fora do Grove?
Que explicación que todavía non deu o alcalde, ten esta maneira de proceder, de desprezo, de burla e en contra dos intereses dos nosos veciños?
Plan de Sostenibilidade 2010
Importe do Plan, 1.217.721,00 euros
Empresas do Grove | Empresas de fóra do Grove | |
---|---|---|
Número de actuacións | 7 | 10 |
Adxudicado | 334.533,00 | 837.323,87 |
Porcentaxe sobre o total | 27,47% | 68,76% |
Cadro resumen dos Plans E, I e II
Plan E, I (2009)...... 1.989.898,00
Plan E,II (2010)...... 1.217.721,00
Total....................... 3.207.619,00
Empresas do Grove | Empresas de fóra do Grove | |
---|---|---|
Número de actuacións | 11 | 22 |
Adxudicado | 875.216,24 | 2.283.510,63 |
Porcentaxe sobre o total | 27,28% | 71,19% |
Dicía fai uns días o ex-presidente do Goberno D. Felipe González, que rectificar era de sabios pero facelo tódolos días era de necios. Como calificaría el esta situación en que a pesares de metela pata con anterioridade e ser moi cuestionado por elo (incluso no seu propio partido) e nos consta que nesta ocasión moi advertido e por moita xente, volve sen embargo a facelo mesmo, ¿cál seria o diagnostico do ex-presidente para isto?.
Nós, como xa dixemos nas veces anteriores nin os veciños nin moito menos os empresarios e comerciantes grovenses poden confiar nun alcalde que os despreza de semellante maneira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario