Que logo de analizados tanto o Plan de Sostenibilidade (Goberno do Estado) como o Plan Anticreses (Deputación de Pontevedra) e as actuacións que o goberno decidiu levar a cabo cos máis de 2.200.000 euros que entre os dous supoñen para investir no Grove, e tendo en conta que non se dedica un só euro en temas de CONTENERIZACIÓN SOTERRADA, solicitamos de vostede (alcalde) un cambio na prioridade marcada atendendo a proposta que a continuación facemos e que pensamos adecuase máis os nosos intereses como concello turístico.
Tendo en conta que con cargo os citados fondos destinase unha partida para substituír o "alumeado na Rúa Castelao" por importe de 100.000 euros, que consideramos TOTALMENTE PRESCINDIBLE por estar este en perfectas condicións e seguindo co mesmo plan atopámonos tamén coa previsión de gasto por importe de 195.000 euros para "melloras do Campo das Lampáns" para o cal propomos retomar a oferta feita pola Deputación de Pontevedra de instalación do céspede artificial e sumar deste xeito eses fondos aos anteriores co que obteriamos un montante de 300.000 euros que posibilitarían a construción de 6 - 8 módulos de contenerización soterrada.
Elo contribuiría de maneira importantísima a erradicar a mala imaxe que normalmente ofrecen os contenedores nas rúas.
Non consideramos necesario explicar as vantaxes que a contenerización soterrada supón en calquera lugar,pero máxime nun concello das características turísticas de O Grove.
É por elo, que tendo en conta a non adxudicación das citadas obras, correspondentes o Plan de Sostenibilidade, se cambie o destino das mesmas para elaborar un PLAN DE CONTENERIZACIÓN para o cál contaría co apoio necesario por parte deste Grupo Municipal.
SOLICITAMOSLLE por tanto, nos convoque a unha xuntanza co fin de exporlle máis polo miúdo a idea, consensuar a mesma (obxectivos do Plan, prioridade na ubicación dos módulos, etc.) e ofertarlle o apoio necesario para levar a cabo este obxectivo sen menoscabo dalgunha das accións proxectadas por vostede nun principio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario