miércoles, 5 de mayo de 2010

Alcalde e Tte. de alcalde, nunha mostra máis do desvarío deste goberno perderon unha magnifica oportunidade para estar calados.

Resulta penoso e vergoñento escoitar aos nosos dirixentes referíndose ao PXOM e atacar con este argumento a oposición. Realmente patético e descorazonador ao igual que, a estas alturas, se sume a esta batalla o tenente de alcalde que leva tres anos nos que aínda non sabemos cales son as súas funcións no concello e atrévese, xunto co alcalde, a pedirnos tranquilidade.
Sería suficiente que repasasen a hemeroteca de finais do 2006 e primeiros meses do 2007 para comprobar que postura que manteñen nestes momentos, posiblemente polo medo de enfrontarse a este documento é irresponsable e vai contra os intereses dos grovenses.
O único que mete medo aos veciños de O Grove (como eles din) é que aínda queda un ano para as eleccións e, por tanto, un ano de ineficacia e inactividade a pesar de contar co goberno máis caro da historia do Grove. Máis caro en termos de custe real do mesmo, e máis caro en termos de rendibilidade da nefasta inversión que supuxo o seu nomeamento.
Levou o Partido Popular de O Grove dende o inicio do mandato, solicitando a posta en marcha destes traballos, solicitando se reúna a Xunta de Portavoces para ir consensuando e marcando criterios e ademais ofertando colaboración, apoio e incluso o compromiso dos seus sete votos para sacar adiante este documento tan importante para os grovenses.
Pola contra, só recibimos evasivas e un nulo compromiso que denotan unicamente o escaso interese que este goberno ten polos temas cruciais para O Grove.
Non aceptamos o malintencionado uso que do POL (Plan Ordenación do Litoral) se intenta facer agora para tapar a súa inacción e desculparse con que este (o POL) entorpece a redacción do PXOM.
Así se constatou na xuntanza que a corporación mantivo coa Dirección Xeral do Paisaxe na que se fixo palpable xustamente o contrario, que ter un PXOM despexaría moito o camiño e incluso ter un documento en redacción podería marcar pautas na redacción do POL, que agora “só de boquilla” tanto lles preocupa.
Vai máis dun mes daquela magnifica xuntanza (en palabras do alcalde) onde quedou patente a implicación da corporación nos temas de interese, nos que o goberno necesita apoio, pero quedou tamén patente a falla de visión i de esforzo deste goberno por non aproveitar as bazas que se poñen na man para ir arranxando problemas.

No hay comentarios: