Imaxe procedente do Boletín Popular
Unha vez máis o escurantismo e o rechazo ao ofrecemento de colaboración por parte da oposición convértense na característica principal dun goberno que presume de transparencia e participación pero que non as práctica.
O Grove, 25 de maio de 2010.-
Ata en catro ocasións o Partido Popular de O Grove (por escrito e a través de rogos nos plenos) solicitou do alcalde unha xuntanza de portavoces para tratar a situación do deslinde de Costas en Porto de Meloxo e partir dunha posición de forza do concello que ao mesmo tempo ofertamos, pero elo foi como sempre un ofrecemento baldío pola intransixencia deste alcalde, que despreza tódolos ofrecementos da oposición incluso en situación tan graves e complicadas como a que teñen nestes momentos os veciños deste lugar do noso concello.
Demostrase agora co anuncio da presentación das alegacións e sobre todo co anuncio de que o alcalde vai solicitar unha xuntanza en Costas para tratar este tema.
E que todavía non o fixera?.
Recordo que foi en agosto pasado cando este departamento avisou de que a documentación entregada naquel momento non era suficiente e daba un ano para subsanar o tema.
Todavia vai pedir agora esa xuntanza?
Recordo tamén que fai un par de meses, cando os grupos da oposición ante a inacción do goberno tomabamos iniciativas sobre este tema, anunciou que neses días xuntaríase coa Directora Xeral de Costas para tratalo deslinde. Agora comprobamos que aguillo era unha manobra para distraer a atención e facer ver que el estaba pendente do asunto e así contrarrestar as iniciativas da oposición.
El mesmo ao anunciar agora a solicitude de xuntanza, destapa que os deberes estaban sen facer, que está máis preocupado de contrarrestar as iniciativas da oposición que de solventar os problemas reais dos veciños e o que nos parece máis grave, que rexeita sistematicamente calquera ofrecemento deste partido a pesares dese discurso que xa non se cree ninguén no que fala de participación de todos.
Hoxe mesmo solicitaremos no concello copia das alegacións presentadas para coñecelas e a pesares de todo seguimos a ofertarlle a colaboración necesaria para solventar este asunto ao igual que fixemos co PXOM e outros. Quedamos a espera da súa chamada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario