O Grupo Municipal do Partido Popular de O Grove, en base a lexislación vixente, presenta ao Pleno da Corporación, esta MOCIÓN relativa a necesidade do INICIO DOS TRABALLOS DO PXOM, por parte dos membros desta Corporación.
Exposición de motivos,
O Plan Xeral de Ordenación Urbano (PXOU) é o instrumento básico da ordenación dun territorio. A través do mesmo, clasificase solo, determinase o réxime aplicable a cada clase de solo e defínense os elementos fundamentais do sistema de equipamentos do territorio en cuestión.
O PXOU é un documento municipal que debe axustarse ao que dispoña a normativa urbanística da Comunidade Autónoma ademais de cumprir outras de ámbito estatal que lle son de aplicación.
O Concello de O Grove conta dende mediados do ano 1996 cunhas Normas Subsidiarias, parcialmente suspendidas polo decreto 208/2002 de 20 de xuño e limitadas na súa aplicación pola posterior aprobación da lei 9/2002 de 30 de decembro (Lei de Ordenación Urbanística e de Protección do Medio Rural en Galicia. LOUGA.) e posteriores modificacións.
Con anterioridade a esta NN.SS. rexémonos polas Normas Provinciais en ausencia dunha normativa propia. Foron anos de moita precariedade en canto a normativas urbanísticas que satisfarán as necesidades do noso concello por unha banda e que deran seguridade xurídica pola outra. Conscientes desa problemática, de non dispor dun Plan Xeral axeitado, no 2001 iniciáronse os traballos e trámites preceptivos para levalo a cabo.
Logo dun importante traballo que chegou ata o 2006 quedou aquel PXOU pendente dalgunhas correccións as portas da súa aprobación definitiva tras dúas exposicións públicas.
Como consecuencia do cambio de goberno en xuño de 2007 (eleccións municipais) os traballos sufriron un parón definitivo.
Moito se ten declarado i escrito sobre este tema naqueles meses previos as citadas eleccións. Os grupos políticos que hoxe conforman a corporación mostraron (todos eles) un compromiso firme e inequívoco coa necesidade deste documento para O Grove. Todos eles o calificaron como crucial, e todos eles fixeron desa necesidade, practicamente a xustificación pola cál se presentaban as eleccións.
Paralelamente desenvolvíanse os argumentos cos que se intentaba convencer a cidadanía da súa importancia:
Tan foi así, que o goberno saínte daquel proceso electoral xustificou en grande medida a súa formación, o seu nacemento na imperiosa necesidade do desenrolo do PXOU de xeito inmediato. - Que si o PXOU era imprescindible para levar a cabo as infraestruturas i equipamentos que estaban pendentes no concello,
- Que ben xestionado seria un arma fundamental para conquerir solo para eses equipamentos e recursos económicos para levalos a cabo,
- Que a xestión na inspección de expedientes urbanísticos por mor das licenzas outorgadas ía ser unha inagotable fonte de ingresos,
- Que de inmediato nos adheriríamos a Axencia da Legalidade Urbanística para un exhaustivo control do urbanismo,
- Que na inmediata execución do PXOU ían estar presentes e participarían ademais dos partidos políticos tódolos axentes sociais i empresariais do concello,
- Que a transparencia no proceso ía ser total cara e estes colectivos e partidos políticos,…………. etc. etc. etc.
Nos últimos días e como consecuencia da exposición pública e período de alegacións ao Plan de Ordenación do Litoral (POL) comprobamos con tristeza como de novo, o que queda daquel goberno cuatripartito escapa do debate do mesmo, o trata sen convición algunha e pretende utilizalo como un pretexto para xustificar a súa inacción no desenrolo do PXOU, cando xustamente é o contrario.
Van alá tres anos dende o comezo deste mandato e todo aquel discurso trocouse na maior desilusión colectiva que caracterizou e ten sinalado a este ao actual goberno pola deliberada falla de compromiso con este documente e por ende co concello de O Grove. Nalgún momento, neste mesmo pleno aprobouse a constitución da Comisión de Urbanismo (novembro 2007), pero elo non valeu de nada, e por elo que, cansos de solicitar explicacións sobre este tema, de recordar a importancia do mesmo, de brindarnos a traballar codo con codo co goberno, de ofertar inclusive os sete votos deste grupo incondicionalmente para a súa consecución, e esgotadas tódalas desculpas por parte do goberno, cando vai facer un ano da contratación do novo equipo redactor e logo da afirmación do alcalde prometendo que en xuño (este xuño) teriamos PXOU, propomos a corporación en pleno a adopción do seguinte,
ACORDO,
Que no prazo máximo dun mes se convoque a Xunta de Portavoces co equipo redactor ao obxecto de coñecelo, de inicialos traballos de redacción do PXOU, discutir as directrices do mesmo e pactar un calendario de traballo.
Resultado da votación: Aprobada
A favor: PP, AM, PSOE, EU, BNG e PG
Resultado da votación: Aprobada
A favor: PP, AM, PSOE, EU, BNG e PG
No hay comentarios:
Publicar un comentario