A reprobación a un político tense que facer nun pleno.
O Grove, a 06 de abril de 2010.
O Concelleiro do Partido Popular de O Grove encargado da area de deportes, Alexandre Aguín, observa incrédulo as manobras de distracción coas que nos obsequia o novo tripartito do Grove.
Y e que non se entende como de algo tan simple para calquera como o feito de pedir perdón polo erro cometido durante a Gala do Deporte do Grove, ó non recoñecerlle os méritos obtidos por Amegrove Club de Remo (ó igual que se fixo con outros clubs da vila) coa entrega ó final da mesma dun diploma de agradecemento por parte do concello, o Sr Bea, o convirte nun ataque persoal e o vemos estoupar verbalmente con cousas como a de que os clubs o teñan que reprobar nunha reunión a celebrar mañá do Consello Local para o Deporte. Todos sabemos que a Fredi Bea, non recoñece nunca un erro, i esta é unha mais das súas saídas como si de un meniño se tratase.
Primeiro dicir que os partidos políticos teñen representación no Consello Local para o Deporte e o Partido Popular aínda non recibiu a correspondente convocatoria, polo que esta non é unha reunión convocada de maneira legal e os clubs non teñen que asistir a mesma.
Tamén dicir que os clubs non teñen por que reprobar o Sr Bea, xa que en todo caso este é unha labor tanto das urnas como do Concello Pleno e alí é onde se teñen que discutir ese tipo de cousas. Poñer nesta tesitura ós clubs non fai outra cousa que a de romper a boa relación que existe entre eles.
Por último pedirlle ós clubs que non se deixen presionar por Fredi Bea e as súas políticas bastante alonxadas do espíritu democrático e da participación cidadá.
Este tipo de política do medo exercida por Fredi Bea leva a que a maioría dos clubs i entidades deportivas teñan medo de que a subvención lle sexa recortada ou simplemente quede conxelado o seu pago, e polo tanto teñan medo en valorar publicamente a laboura de un concelleiro que si exercera o seu cargo durante as horas que lle esixe o seu soldo, non cometería este tipo de erros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario