viernes, 16 de abril de 2010

De leria polo Corgo

Non notas o noso alcalde un tanto desquiciado?, preguntáballe no día de onte un dos contertulios da porta da lonxa aos seus compañeiros.
Sácanlle a relucir un disparate de decisión como é o adxudicar nada menos que o 75% das obras do Plan E para empresas de fora do Grove e vai e arremete contra Pérez dicindo que na época deste se daban a gran maioría de obras a dúas empresas (curiosamente do Grove). Sen embargo non foi capaz de desmentir que o que afirmaba Pérez, e que é gravísimo, fora mentira.
Soubemos que a metade desas obras (en número) pero que supoñen o 75% do total a contratar aínda non están adxudicadas e, sen embargo, non é capaz de darlle volta á situación e favorecer as empresas nosas, do Grove. É capaz, sen embargo, de pórse a discutir con Pérez chamándolle mentireiro, cando a vista temos que pode invitar a empresas nosas e non quere. Porqué?. Cál é a razón para ser tan tozudo e facer un dano semellante aos nosos empresarios?.
Dicía, mira ti (eu non sei que terá que ver) outro dos contertulios que a culpa non era do alcalde, que iso llo impoñía a súa compañeira responsable de obras, que é a que de verdade corta o bacallau, alomenos nese asunto.
Pois non o entendo dicíalle o primeiro, pero si son capaces de facer isto e ademais por segunda vez é mellor que se vaian todos pa casiña.
Pa casiña, iba este amigo noso, posto que xa ía sendo hora e maquinaba sobre aquilo de que a culpa era da de obras, !! non o acababa de entender !!, ao tempo que pensaba, xa lle buscarei eu a resposta, aínda que estea en Sanxenxo. Ata outra.

No hay comentarios: