sábado, 17 de abril de 2010

Contratación catastral, outro presunto caso de favoritismo

O Partido Popular de O Grove, na súa labor municipal encamiñada a informar aos cidadáns e cidadás, atopa unha nova contratación do actual goberno municipal onde todo apunta que nos estamos encontrando ante outro caso máis de certo escurantismo, e non sabemos si favoritismo, ao que ultimamente se nos está tratando de acostumar. Como últimos exemplos deste proceder podemos nomear as adxudicacións sen publicidade do Plan E II a empresas de fora do Grove, ou ese misterioso incremento do importe do proxecto do edificio administrativo, que pasou dende os 40.000 euros a 60.000 por arte de maxia.
Pendentes aínda de comprobar máis documentación, os feitos son agora que, sen xustificación coñecida, despediuse a empresa que atendía os veciños e levaba a cabo os traballos de actualización catastral. Esta empresa tiña unha experiencia incuestionable, viña realizando os traballos con suma eficacia, dispoñía de persoal moi especializado e tiña un amplo coñecemento urbanístico de todo o término municipal.
Para evitar suspicacias, informamos que nin sequera comezou a traballar no concello cando o PP gobernou, pois xa viña realizando eses traballos co goberno do socialista Sr. Galiñanes.
Por iso, nos desconcertou máis a decisión de cesar a esa empresa para contratar unha nova. Non sabemos si por iniciativa do alcalde ou do concelleiro responsable da área, aínda que isto último nos estraña posto que seria a primeira decisión nunha área da que sen embargo ten a responsabilidade.
Terán, de calquera xeito, que darnos explicacións dos motivos de interese público polos que se contrata a unha nova empresa da que en ningún concello dos que preguntamos, nin no Catastro, teñen coñecemento de que fixeran traballos catastrais. Tamén nos informamos que ningunha empresa das que habitualmente veñen facendo este tipo de traballos para o catastro na provincia recibiu invitación para presentar ofertas nin, por suposto, a que foi cesada. Non sabemos si favoritismo ou, o moi progresista dedismo decidiu esta nova contratación.
Pero si resulta chocante este proceder, máis chocante resulta comprobar que para pagar a anterior empresa cesada víñanse destinando nos orzamentos municipais cantidades inferiores aos 35.000 euros nos últimos anos, e agora, para pagar os gastos desta inspección catastral, figura no 2010 unha partida por importe de !! 82.000 euros !!, é dicir, un 165% máis do que se dispoñía ata o de agora.
Dende o PP vamos pedir toda a información e documentación sobre este caso, que nos soa ao mesmo nepotismo que con motivo doutras actuacións dos nosos responsables, está nestes momentos o noso concello nos niveis máis baixos de credibilidade ante os veciños, namentres os causantes de todo elo, ademais de estar a responder ante a xustiza, non se cansan de votarlle as culpas aos demais, sen asumir ningunha responsabilidade.
O interese do PP en clarificalo é máximo, pois nin que dicir ten que, este parece un aumento de custe desproporcionado, que terán que pagar tódolos veciños de O Grove, nun momento en que xa se lle incrementaron as taxas e estanos a piques de caer encima (pola graza tamén doutro goberno socialista) o incremento do IVA.

No hay comentarios: