jueves, 18 de febrero de 2010

Ao principio sorpresa i estupefacción, agora indignación

Isto é o que dicía un home que esta tarde camiñaba polo Corgo na compaña duns amigos e non falaban doutra cousa que non fora, o CASO CACABELOS.
Dicíalle el aos que o acompañaban, que no primeiro e segundo día custáballe crer o que estaba lendo nos diarios, porque a pesares de non compartir en demasía o xeito de gobernar do cuatripartito con tanta liorta e con tanto ir cada un para un lado, nunca pensaría que foran capaces de abusar do poder de maneira tan "Caciquil". Estes, que toda a vida a pasaron dicíndolle a todo o mundo como se deben facer as cousas, que presumiron do abrir as ventás e non sei cantas cousas máis, resulta que a primeira de cambio "clávante como a unha solla". En menudas mans descansa a responsabilidade de gobernar o noso concello, dicía. Por todo elo, causoulle nun primeiro momento sorpresa i estupefacción, pero tamén dicía que logo de ler a declaración do alcalde, chea de covardía (votándolle a culpa aos demais), de favoritismo (irmáns, cuñados, maridos das cuñadas y lo que te rondaré morena), e dunha desfachatez e nepotismo que aínda hoxe non entende, enchéuselle o corpo de indignación.
Dicía algo moi curioso que xa escoitei máis veces estes días. Quen asesora a este filliño?. Está seguro que é un amigo?. Como se atreve a falarlle á Deputación do bo uso dos cartos públicos, cando el está na que está. E quen lle fai as notas de prensa o "amigo" Carlitos Besada?. E así, desesperado, desencantado, concluía a súa reflexión cando chegaba a altura do Finisterre e se despedía dos colegas

No hay comentarios: