Que seria de todo aquilo? . Do PXOM xa non lles conto nada, porque nada hai que contar. Teñen castigado ao Grove. Nin moveron un só dedo nin pensan facelo. Tódalas marabillosas solucións que ían facer de O Grove o paraíso non aparecen por ningures. A participación que lle ían dar os veciños, exactamente igual. Que seria daquela famosa Plataforma Meca? É que xa non teñen interese no tema?. Noutros momentos íaselle a vida niso.
Esta situación está a provocar moitos desaxustes: imposibilidade de construír por moitos propietarios, inseguridade xurídica para moitos dos que o fan, indecisión por non saber si no futuro poden facer outra cousa distinta ao que poden na actualidade, pero sobre todo e logo da "cantinela" coa que nos sacudiron todos estes anos pódese dicir tranquilamente que se está a vulnerar a lei co consentimento deste alcalde (e deste Tte.alcalde) dun xeito que nin os máis escépticos se lles podía ocorrer. No noso municipio están a construír mansardas (expresamente prohibidas na norma vixente), constrúense aleros (tamén prohibido) e o máis grave, estase a construír en solo rústico (que está prohibido en toda Galicia dende hai moitos anos). Faise co consentimento deste goberno que mira para outro lado e deixa que os propietarios que abusan da lei se metan gravísimos problemas que poden hipotecar o seu futuro.
Xa non se acordan das medidas que eles mesmos esixían por en marcha para acabar con esta plaga? Porque agora fan vista gorda co asunto?.
Unha delas era, que o noso concello ingresase na Axencia da Legalidade Urbanística de inmediato. Porque agora non o fan? Si este órgano (a Axencia) foi creada polo seu goberno, polo bipartito. E que non se fían daqueles órganos que eles mesmos puxeron en marcha?
E que pasou coas inxentes cantidades de cartos que se podían recadar a través das infraccións urbanísticas, segundo eles? Por qué renuncian ás mesmas, cando continuamente nos están a recordar a dificultade do concello para xenerar ingresos? O certo é, que nestes dous anos e medio de pasión cuatripartita non recadaron un só euro porque neste tempo non iniciaron un só expediente de infracción.
Por qué se negaron a formar a Comisión de Urbanismo? Por qué se negaron a dar participación veciñal neste tema despois de habelo prometido?. Recordo perfectamente como o sr. alcalde e mailo sr.
Besada dixeron que con eses temas había que ter moito coidado e iso había que limitalo moito. Tan só eran necesarios para armar bronca co anterior goberno e montar manifestacións?. Nalgún momento terán que dar conta diso.
Menudo modelo de vila nos estaban a vender: o engano masivo, a utilización da vontade das persoas en exclusivo uso dos seus fins partidistas pero nunca pensando no ben do colectivo. Como di o refrán o tempo vai dando e quitando razóns e tamén esperamos que pondo a cada un no seu sitio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario