O concelleiro de persoal i emprego non exerce as súas responsabilidades, namentres fai declaracións de boas intencións que non serven para nada.
O Grove, 15 de outubro de 2009
Poucos días antes de comeza-la Festa do Marisco, o concelleiro de persoal i emprego do Concello de O Grove saíu aos medios de comunicación para solicitar, a hora de seleccionar persoal para traballar na Festa, se colleran a persoas que estivesen en situación de desemprego.
Isto, que visto así puidera parecer normal e incluso loable por acordarse dos que máis problemas teñen non tería maior importancia si non fora solicitado publicamente por un membro do goberno coa responsabilidade de emprego.
A quén lle solicitaría o responsable de emprego do noso concello que se seleccionasen a aqueles traballadores que estivesen en paro?.
Ao alcalde de Cambados quizais?, por aquilo de que está alí ubicada a oficina do INEM.
E que el non ten comunicación cos membros do goberno e co alcalde?
Para que queremos entón un concelleiro de emprego se non exerce?
A capacidade de sorpresa por parte dos veciños de O Grove non acaba nunca, logo de comprobar un día tras outro a ineptitude deste goberno e a pouca capacidade do seu alcalde para pór orden en tanto desaguisado.
Ademais de non exerce-la súa responsabilidade este concelleiro, ten a pouca pericia de anuncialo en prensa e non sei si se decataría de que os seus desexos non valeron de moito.
Nós contamos alo menos 26 persoas das que traballaron eses días na Festa que teñen outro posto de traballo, co cál tampouco foi dilixente á hora de controlar o que outros facían e a el lle correspondía.
Recordámoslle tamén, que a raíz dunha pregunta (doutro grupo da oposición) no último pleno, enterámonos que persoas particulares están a usar a casa da cultura de San Vicente para fins privados, “a cambio” supostamente de abrir a mesma ao público.
Independentemente de que este asunto a nós chéiranos mal, deben saber todos, que este concelleiro (o de emprego) mailos seus compañeiros (cos que parece que non se fala) non apoiaron fai moi pouco, unha moción do Partido Popular que propoñía crea-la oficina do voluntariado co argumento de que eles son partidarios de que a xente se contrate, que o voluntariado crea precariedade, sometemento, vasalaxe, etc.
Ás persoas (dicía el) hai que pagarlles (a través dun contrato laboral) polo seu traballo.
Por que permite, que o seu compañeiro (concelleiro de cultura) que tampouco apoiou aquela moción polos mesmos motivos, subscriba agora este tipo de acordos baseados na voluntariedade das partes ?. Porque non contrata a alguén para facer esas funcións, por outra banda tan necesarias e tan demandadas naquela parroquia.
Seria unha boa ocasión para pórse a falar cun compañeiro de goberno e de paso demostrar a capacidade de traballo, de negociación, de coordinación que ata o de agora non tivemos e deixar de paso en bo lugar ao alcalde que continuamente presume da boa coordinación entre os distintos membros do goberno.

No hay comentarios:
Publicar un comentario