jueves, 15 de octubre de 2009

Decálogo do cuatripartito

Ao Partido Popular sóalle rancio o discurso do alcalde, donde unha vez máis anuncia os proxectos de sempre.

O Grove, 15 de outubro de 2009.-
A visita do alcalde á Deputación confirmou o nulo traballo que ao longo destes dous anos e medio levou a cabo, polo que el denominou "proxectos estrella" do seu goberno. Do mesmo xeito podese comprobar que aquelas loubanzas ao bipartito decindo "que a deuda histórica co Grove estaba saldada" non foron máis que fume, do que o noso alcalde foi cómplice.
Namentras escoitamos de novo, unha manchea de intencións, proxectos, esixencias agora, que non foi capaz de avanzar o máis minimo cos seus socios en Santiago como quedou demostrado co asunto do porto deportivo.

Non ten vergoña siquera para falar do PXOM, cando todos sabemos que no tempo que nos queda de mandato non o vai a afrontar ao igual que fixo ata o de agora, a pesares do definitivo que é para resolver moitos dos asuntos que temos sobre a mesa.
Por elo, iniciaremos con este comunicado unha serie de artigos encamiñados a valorar a xestión deste goberno dende a revisión dos seus programas electorais.O faremos de xeito semanal, (cada venres) ao marxe da fiscalización do dia a dia.

A verdade é que logo de votar unha primeira ollada o panorama é desolador, por canto ningún dos catro grupos fixo caso daquelo que no seu día presentaron nos seus programas electorais, pero tampouco no "decálogo" que sirveu como base do pacto de goberno. Anque se molesten, debemos recordarlle unha vez máis que o único que cumplen a raxatabla é o cobro das dedicacións exclusivas pactadas e que nalgún caso, o concello nunca malgastou os cartos de maneira tan pouco productiva.

Recordamos o que eles presentaron "como un contrato cos grovenses",

O PSOE, falaba de 10 medidas urxentes en 100 dias. A pesares do urxentes que eran non cumpreu nin a primeira, e non van 100, senón que vamos camiño dos 900 dias.

O BNG, comprometeu 15 actuacións urxentes, que ao igual que os anteriores, a pesares do urxentes que eran non cumpriron nin a primeira. Para elo dotaronse cunha das concellerias liberadas, que visto lo visto, este concelleiro traballaba máis cando estaba na oposición.

O Partido Galeguista, máis vehementes eles, comprometeron 50 acións en 50 dias que levan o mesmo camiño cos anteriores.

Ezquerda do Grove, non cumpreu tampouco ningunha das suas previsións e a sua participación no goberno (non sabemos sí cabreado por non ter compensación en especies) é o que en mediciña se chama "de encefalograma plano".

O tempo pasa, e o único que están a deixar na memoria de todos, é un estrepitoso fracaso pola nula xestión, o pouco liderazgo da sociedade (a que se enfrentan a cotío) e unha amarga sensación de continuo enfrontamento entre eles, de funcionar con compartimentos estancos donde o máis importante é o lucimento personal de cada ún por riba dos intereses xerais do concello, e todo elo baixo a batuta dun alcalde que non é capaz de endereitalo rumbo é o que se percibe, namentra escoitamos por quincuaxesima vez o mesmo discurso.
Na sua visita à Deputación confirmouse de novo que os proxectos tantas veces anunciados están únicamente na sua mente e non fixo absolutamente nada, ao igual que o bipartito (PSOE-BNG), por eles cando tiveron a ocasión.

No hay comentarios: