viernes, 18 de septiembre de 2009

Petición de convocatoria da Xunta de Portavoces

MIGUEL ÁNGEL PÉREZ García, en calidade de voceiro do Grupo Municipal Popular,

EXPOÑO,
Que en pasados días coñecemos a través dos medios de comunicación a posta en marcha dun Fondo de Investimentos por parte da Deputación Provincial que vai supor para o noso concello unha inversión de preto de 900.000 euros.
O noso partido sempre creu na participación de tódolos grupos da corporación nas decisións importantes para o concello e así o ten demostrado. Facemos saber por tanto ao alcalde o noso interese en participar na toma de decisións do destino dos fondos citados, ofertando colaboración, consenso e lealdade a hora de executalas accións coa vista posta na mellora das infraestruturas e servizos que o noso concello necesita.
Tendo en conta que é nestes momentos cando o concello de O Grove ten que decidir as accións onde destinar eses casque 900.000 euros de fondos propios da institución provincial, e polo que

SOLICITAMOS,
Que a maior brevidade posible se convoque a Xunta de Portavoces para discutir sobre o tema.

No hay comentarios: