O Grove, 9 de xuño de 2009.- Altos cargos do goberno Popular da Xunta, presidido por Alberto Nuñez FeijÓO, aterran no Grove coa fin de averiguar os problemas deste municipio e dos seus veciños e veciñas e intentar buscar solucións
O seu interese e boa predisposición contrasta coa dos membros do anterior goberno bipartito da Xunta que se esqueceron desta vila e a deixaron nunha situación de total abandono
Fai escasos días a Conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitaba O Grove para manter unha Xuntanza cos diferentes sectores produtivos do Mar e coñecer, de primeira man, as súas inquedanzas e os seus problemas e, así mesmo,escoitar as súas propostas e suxestións.
Mañá, mércores 10 de xuño, será o Presidente de Portos de Galicia, José Manuel Alvarez-Campana, quen visitará o noso Municipio para manter xuntanzas con diferentes sectores
En primeiro lugar acudirá á cooperativa de mexilloeiros Amegrove, onde coñecerá a problemática deste sector e escoitará as súas peticións, sobre todo no referido á situación do Porto de Meloxo.
A continuación desprazarase cara o porto do Grove para reunirse cunha representación dos mariñeiros, pescudar ás súas inquedanzas e escoitar as propostas dos mebros deste sector. Tamén percorrerá as obras que se están a realizar na zona de pasaxe e nos novos pantaláns para bateeiros
A continuación manterá un encontro cos propietarios dos barcos clásicos e cos adxudicatarios dos barcos de pasaxe coa fin de encontrar unha solución axeitada ao problema de atraque no Porto.
Pola tarde unha nova visita a Porto Meloxo para manter unha reunión co Alcalde e coñecer as peticións deste para o lugar

No hay comentarios:
Publicar un comentario