Roubo nas instalacións municipais
Algo que ultimamente por desgraza xa está deixando de sorprendernos (a pesares de que as cifras de delincuencia están dentro da media) son os roubos cometidos nesta vila. O que neste caso chama a atención é o especial da situación, xa que a última da que temos constancia no Grupo Municipal do PP foron nas instalacións municipais.
I é que, despois de que desaparecera algunha das pezas da lanzadeira que tiñan en custodia dentro do recinto municipal de Monte das Flores, agora atopámonos con que os “cacos” foron mais espelidos, e directamente fixeron desaparecer os motores das lanchas de Protección Civil.
O mais grave da situación foi que este roubo foi cometido dentro dun almacén, pechado e baixo chave, e que este é un suma e segue na lista de roubos a Protección Civil cando ámbolos departamentos implicados no asunto, son responsabilidade do Sr Fredi Bea; o da Policía Local e o de Protección Civil.
Con esta maneira de traballar vai ser normal ver tódolos anos botándose o Alcalde as mans a cabeza coas peticións de material e presuposto feitas polo Partido Galeguista nas negociacións dos presupostos xerais do Concello...
E que xa me imaxino a resposta do Sr Bea a este novo asunto. E penso que non vai ser outra que a instalación de novas cámaras de seguridade. Pero dende o partido popular, (a pesar de que segundo a esquerda, a nosa política é a de represión e control) entendemos que este non é o camiño a seguir, e seguiremos a insistir en máis responsabilidade por parte do equipo de goberno e na necesidade de máis presenza policial nas rúas.
***********************************************************************
Lendo Espero.
O programa Lendo Espero é un programa organizado pola Xunta de Galicia o cal está orientado a facer as esperas mais levadeiras nos centros de saúde de toda Galicia. Este programa, o cal foi posto en marcha por este Concello uns meses antes das eleccións municipais de 2007, e que o Sr Antón Mascato tivo o pracer de inaugurar como parte da súa xestión, está en total abandono.
A iniciativa da cal o Sr Mascato se congratulou, e incluso a quixo estender á parroquia de San Vicente,a pesares de que, como recoñecía el mesmo, alí habería que instalalo na Biblioteca Vázquez Hereder.
O peor da situación é que este asunto xa se trouxo a pleno en ocasións anteriores e ao cal me respondeu que vostede mesmo se encargaba de manter o espazo ordenado i en condicións.
Home, ordenado.... ordenado está, (como se pode ver nesta foto tomada esta mesma mañá), con catro libros contados polos dedos. Non é un traballo matador telo ordenado, iso si...., estou seguro que dende que alí non se repoñen libros, algunha das nais de pediatría, van pensar que simplemente están para facer bonito.
Rogamos pois, que este espazo sexa realmente útil para a sociedade, e que se abasteza con novos libros de maneira mensual para que realmente este sexa un punto de lectura activa e entretida para nais e cativos.
***************************************************************************
Instalación dun sifón diante do Banesto.
Durante os problemas de inundacións que sufrimos todos durante o inverno de fai 3 anos, e para poder aliviar na medida do posible as inundacións continuas que se sufrían na Rúa Pablo Iglesias decidiuse, polo servizo correspondente, cortarlle o sifón ó sumidoiro que está a porta do Banesto, para axudar a que desafogara mais rapidamente a auga que alí se acumulaba, xa que este sumidoiro descargaba directamente no río canalizado de San Martiño e polo tanto absorbía máis auga que os demais.
Para poder superar este tipo de situacións de cara ó futuro, decidiuse a instalación dunha nova tubaxe para recollida de pluviais feita polo goberno do PP neste Concello. Felizmente, e grazas ó plan de separación e de cambio de servizos programado polo noso goberno, os problemas de inundacións practicamente desapareceron a día de hoxe.
Agora, 3 anos despois, e visto que xa non é necesario que permaneza o sumidoiro de tal maneira, solicitamos que se poña en condicións de novo. Aproveitando que agora están a traballar as empresas de canalización, e tendo en conta que agora están a aumentar as temperaturas de cara ao verán,e os veciños sofren directamente a subida dos cheiros da auga que por alí baixa
********************************************************************
Piscina para maiores.
O programa de piscina para maiores, posto en marcha pola Deputación de Pontevedra i en colaboración cos concellos, pon a disposición dos nosos maiores a posibilidade de asistir á Piscina do Hotel Isla. Este programa, o cal foi sempre moi ben acollido estaba financiado entre a Deputación, o Concello e finamente polo propio usuario, o cal poñía unha pequena parte do custe do servizo.
Dende o comezo do servizo o Concello aportou a súa parte de subvención para un total de 20 maiores. Os cales se sentían moi agradecidos da posibilidade de desfrutar das instalacións.
Pero neste ano, por segunda vez nun mes, decatámonos do recorte das prestacións sociais que están a aplicar este cuatripartito de esquerdas. A pesares de todo isto o Sr Zapatero, que é o que lle marca as políticas a seguir polo Sr Alcalde, nos recorda practicamente a diario que “eles xamais van permitir que goberne a dereita deste pais, e que nos quiten as prestacións sociais conseguidas ó longo dos anos”, e despois enterámonos tódolos días de novas “zapateradas” (que é como a xente está a definir a día de hoxe este tipo de enganos)
Pois neste caso a Zapaterada non é outra que a redución do numero de prazas no servizo de piscina para maiores, ata un numero no que as prazas foron cubertas en tan só dous días e agora, maiores que xa contaban con acceder a esta prestación como tódolos anos, atópanse en lista de espera.
Rogamos pois, que a petición de máis prazas se teña en conta no presuposto do 2009, (que por outro lado como era de esperar, cando o Sr Alcalde prometeu que estaría listo en decembro do ano pasado,) está aínda sen aprobar.

No hay comentarios:
Publicar un comentario