miércoles, 27 de mayo de 2009

De Leria polo Corgo


Non acabamos de saír do asombro ante a que probablemente foi unha das peores e máis desprezativas decisións dun gobernante grovense, A CONTRATACIÓN DO PLAN " E " a empresas de fóra do noso concello, cando as nosas están pasando serios apuros debido á situación de crises. O peor do caso foi que se fixo deliberadamente, con coñecemento do que se facía posto que foron DADAS A DEDO.
Dicimos que tamén con burla, posto que cando o alcalde foi preguntado por elo, aludiu que as empresas do Grove non estaban preparadas para elo.
E non saímos do asombro porque agora estamos a comprobar que a afectación en canto a emprego creado foi nula. É dicir, cunha inversión de dous millóns de euros, apenas se creou emprego no Grove.
Na obra de Porto de Meloxo, TODOS SON PORTUGUESES. Cos cartos dos españois, nun plan creado para favorecer o emprego contrátanse portugueses e o noso alcalde tan contento. Se non é capaz de defender os intereses dos grovenses para que o queremos.
Tamén temos constancia que algún dos obreiros contratados aquí no Grove (foron dous ou tres) están a traballar en Sanxenxo. MENUDA TOMADURA DE PELO DESTE NOSO ALCALDE QUE OU NON SE ENTERA DE NADA OU DALLE IGUAL QUE NINGUNEEN AOS NOSOS VECIÑOS.

No hay comentarios: