miércoles, 4 de marzo de 2009

De Leria polo Corgo


Outra das consecuencias lóxicas das eleccións, ademais das compunxidas caras destes días, é a lectura dos votos que acadaron os diferentes partidos. O máis chusco do asunto é a resposta do Sr. Besada cando di que despois de todo non lles foi tán mal, logo de perder máis de QUINIENTOS VOTOS!!!! ; é dicir, un terzo dos que tiñan sacado nas autonómicas anteriores. A verdade é que estamos encantados con estes análises.
O PSOE, aínda que lle foi un pouquiño mellor, tamén tivo unha boa trascada. Perdeu DOUSCENTOS CINCUENTA votiños de nada e perdeu ademais a primacía nas autonómicas en favor do PP.
Tendo en conta, que os dous gobernan no noso concello e iso sempre dá un "plus", a verdade é que tanto un como o outro levaron un bo castañazo.
Namentres o Partido Popular, ademais de ser o máis votado, gaña máis de TRESCENTOS votos e situase na franxa dos 2.450 que se instalou nas últimas convocatorias, que tampouco está nada mal logo de levar casque dous anos na oposición e fideliza moito os seus apoios.
Aínda así, esperamos en próximas contendas mellorar estes porcentaxes.
Ahhhhhhhh!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!, que se nos esquecía, ¿que me decides da fartura de votos acadados polo noso shériff ? ¿Serian suficientes para que dunha vez poña os pés na terra?

No hay comentarios: