viernes, 6 de marzo de 2009

As propostas das Mulleres do PP do Grove para os Premios Meca 2009 son Lina Bernárdez Prol, Raquel Magariños e o colectivo de Placeiras

O Grove, 19 de febreiro de 2009.- As mulleres do Partido Popular do Grove pensamos que os Premios Meca deben contribuír ao recoñecemento do labor a favor da promoción da muller na vila do Grove e resaltar a singularidade de mulleres que teñen destacado pola súa traxectoria persoal, social e profesional.

As nosas propostas van encamiñadas cara ao recoñecemento do labor efectuado en prol da muller e a promoción persoal e social de modelos e referentes sociais a favor da eliminación de estereotipos de discriminación por motivo de xénero

Por iso pensamos que o Premio individual debe recaer en Mª Lina Bernárdez Prol e Raquel Magariños Lores en recoñecemento de ter distinguido de forma eminente na vida laboral, social e política do Grove, sendo as primeiras concelleiras nunha corporación constituída completamente por homes entre os anos 1987 e 1990
Lina foi a primeira e única muller Alcaldesa do Concello do Grove e, tanto ela como Raquel, compaxinaron a súa vida laboral e familiar coa dedicación aos problemas e veciños do Grove nunha época na que ni a alcaldesa nin tampouco os concelleiros e concelleiras cobraran soldo algún
Nesa época a especificidade das regras de xogo que rexían na política obstaculizaban a participación da muller que, ademais, debía compatibilizar a política co traballo profesional e as responsabilidades familiares con todo o que iso supón.
Tanto Lina como Raquel loitaron polos dereitos das mulleres e conseguiron facerse un sitio nun mundo, anta entón, dominado pola presenza masculina, abrindo e preparando o camiño para todas as mulleres e facendo un gran labor en pro da vila do Grove. Todo iso sen descoidar a súa vida familiar nin as responsabilidades do seu traballo e dando un gran exemplo do que actualmente coñecemos como conciliación da vida laboral e familiar.

A nosa proposta para o premio colectivo é ao colectivo de Placeiras pola súa dedicación ao traballo no ámbito da pesca.

Nunha vila esencialmente mariñeira como o Grove as placeiras constitúen un valor propio no traballo do mar, desempeñando un papel fundamental no mundo da pesca e complementando co seu labor e esforzo o traballo desenrolado polos mariñeiros.
Estas mulleres representan o traballo autónomo feminino e, día tras día, teñen que loitar para que se recoñeza o labor que están a desenrolar. A súa dedicación constitúe un claro exemplo da esencia da muller traballadora e da defensa da igualdade de xénero


Marta Domínguez Conde
Concelleira do PP do Grove

No hay comentarios: