lunes, 2 de marzo de 2009

Chegou o momento. Moitas grazas


Dende o Partido Popular do Grove queremos amosar a nosa gratitude a tódolos militantes, simpatizantes e electores, cuxo apoio e confianza fixo posible a maioría absoluta do PP de Galicia.

Desexamos agradecer a súa dedicación a tódolos interventores, apoderados e demais colaboradores que realizaron un encomiable traballo, sacrificando tempo e esforzo e salvando obstáculos e problemas con decisión e optimismo

Moitísimas grazas por estar aí. Sentímonos orgullosos de pertencer a un partido que conta con xente traballadora, dedicada e entusiasta coma vos

E lembrar que, como dixo o xa Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo: “chegou o momento para traballar, para o sacrificio, a responsabilidade e para convocar a todos a saír adiante da crise económica.” “Para que todos sexamos capaces de gañar o futuro necesitamos a todos, a todos sen excepción”

No hay comentarios: