O Goberno local do Grove está a xerar polémicas entre os veciños por culpa das súas divisións internas, como ocorreu a raíz da xuntanza mantida a pasada semana polo Alcalde cun grupo de veciños de Virxe das Mareas, á marxe da asociación veciñal desa zona, coa que se tiña comprometido a reunirse en relación coa rehabilitación de vivendas. Este feito súmase á actitude constante de desoír as preocupacións dos cidadáns e desprezar os seus intereses.
A reunión mantida o mércores polo Alcalde cunha parte dos veciños de Virxe das Mareas demostra que Cacabelos non ten palabra e está máis preocupado por saír na foto que polos grovenses. O proxecto de rehabilitación de Virxe das Mareas foi mal concibido, xa que se están a repetir traballos xa feitos hai cinco anos e o único que parece importar nestas obras é o lucimento persoal dalgúns e remarcar se o artífice é o BNG ou o PSOE, máis que as necesidades veciñais.
Consideramos incrible a actitude dos demais socios de goberno, que asisten impávidos e mudos a este lamentable espectáculo protagonizado polos socialistas e os nacionalistas. Os dous principais responsables do Concello non perden oportunidade, dia si e día tamén, de escenificar a súa particular guerra, intensificada agora ante a proximidade das eleccións autonómicas, o que os leva a marcar distancias en público.

Trátase dunha batalla electoralista que demostra que os únicos intereses deses dous partidos son os políticos, a costa de danar a imaxe e os dereitos do Grove e dos seus habitantes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario