martes, 10 de febrero de 2009

Clamoroso éxito de Alberto Nuñez Feijoo cos emigrantes en Buenos Aires e Montevideo

Fotografía publicada na Voz de Galicia

Alberto Núñez Feijoo acada o respecto e o cariño dos emigrantes galegos na Arxentina

Touriño reuniuse no salón de actos da Casa de Galicia cos emigrantes en Montevideo e xuntou 500 persoas , mentres que Alberto Núñez Feijoo no pavillón polideportivo da mesma cidade tivo un encontro con máis de 1500 persoas.
Algo semellante sucedeu en Bos Aires: mentres que a escoitar a Touriño acoden unhas 3.000 persoas á chamada de Feijoo en Costa Salguero acoden unhas 7.000 persoas.

Estas cifras amosan o cariño que a emigración sinte polo Partido Popular, que a pesar de non estar gobernando en estes momentos, deixou por estas terras moi bo sabor de boca fronte ás promesas incumpridas do PSOE e o continuo desprezo do BNG por este sector da poboación galega.

O PSOE incluso se permitiu a licenza de menosprezar nos seus discursos a figura de Don Manuel Fraga pero atopouse coa a desagradable sorpresa dun auditorio que lle devolveu como resposta un silencio arrollador en sinal de protesta a esas enganosas e malintencionadas alusións.
Quizás o PSOE aínda non se decatou do respectado e admirado que é en aquelas terras D. Manuel e do labor de noso partido continuada por Alberto Núñez Feijoo

No hay comentarios: