Miguel Ángel Pérez cualifica de “inxustificada” a previsión de 15.000 euros para as súas horas extras, cando o Concello conta co GRUMIR, “que permite cubrir os turnos se necesidade de estender horarios”
· Ademais de pasar de 9.000 a 33.000 euros, á partida correspondente á Agrupación de Protección Civil, “unha das destinadas a pagar o prezo do pacto de goberno”, súmanse outros 62.000 euros para salvamento en praias e 30.000 máis para axudas e custo de quilometraxe, “mentres se racanean os recursos para outros conceptos, como o do persoal municipal”.
O Grove, 2 de setembro de 2008.- O Goberno local do Grove sube desproporcionadamente o orzamento destinado á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil no documento de orzamentos para 2008 que ven de aprobar, creando un agravio con outras asociacións e mesmo co persoal do Concello. Así, a partida correspondente a esta agrupación, cuxa existencia non é obrigada para un concello de menos de 20.000 habitantes, aumenta máis que a destinada ao conxunto de todas as asociacións culturais, sociais e deportivas, que no Grove son máis de 20.
Doutra banda, o portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular, Miguel Ángel Pérez, cualifica de “inxustificada” a previsión de 15.000 euros para as horas extras dos ditos voluntarios, cando o Concello conta co GRUMIR, “que permite cubrir os turnos se necesidade de estender horarios”, xa que o forman 15 persoas, e que está financiado nun 90% pola Xunta de Galicia. “Precisamente porque, en teoría, vaise crear un servizo municipal e para iso contamos coas 15 persoas do GRUMIR, dedicadas en exclusiva a esas funcións, non se entende que a partida para a Asociación de Voluntarios de Protección Civil pase dos 9.000 euros que tiña agora aos 33.000”, sinala Pérez.
10.000 EUROS NUN SERVIZO MUNICIPAL DO QUE NADA SE SABE
O PP apoiou no Pleno hai uns meses a creación dese servizo municipal, segundo lembra o portavoz deste partido quen, sen embargo, subliña que “aínda non se coñecen nin os seus estatutos, nin a estrutura que vai ter nin ningunha outra condición ou dato sobre o mesmo”, polo que tampouco se entenden “os gastos para a súa creación, que van xa polos 10.000 euros e aínda non sabemos para qué”.
Ademais de pasar de 9.000 a 33.000 euros, á partida correspondente á Agrupación de Protección Civil, “unha das destinadas a pagar o prezo do pacto de goberno”, súmanse outros 62.000 euros para salvamento en praias e 30.000 máis para axudas e custo de quilometraxe, “cantidades desproporcionadas para os servizos que se prestan, mentres se racanean os recursos para outros conceptos, como o do persoal municipal”. Nese sentido, o PP fai fincapé en que “o cuatripartito fixo moitas promesas en relación cos traballadores do Concello, pero xa se ve que foron, novamente, promesas falsas que non pensa cumprir, mentres despilfarra recursos públicos en conceptos menos necesarios pero que forman parte do seu pacto para manterse no poder”.

No hay comentarios:
Publicar un comentario