O pasado venres 5 de setembro, no transcurso dunha xuntanza de militantes na sede do partido, na rúa Castelao 55, informouse aos mesmos que o noso compañeiro José Castro Blanco, presentaba ao día seguinte no rexistro do concello a dimisión do cargo de concelleiro que viña desempeñando dende as eleccións municipais do ano 2003.
A súa foi unha decisión empuxada por motivos persoais e fundamentalmente profesionais que lle impiden nestes momentos atender as obrigas propias do cargo de concelleiro coa dedicación que tal responsabilidade comporta.
Aínda así, segue a formar parte da Xunta Directiva do partido do que forma parte dende os primeiros anos da súa implantación no Grove, cunha intensa dedicación e traballo que dificilmente poderemos agradecer.
Na súa etapa de concelleiro, foi responsable da area de rural, preocupándose de que os servizos básicos (auga e alcantarillado) chegasen a tódolos currunchos da súa parroquia (San Vicente), así como da apertura e arranxo das pistas que unen os distintos lugares da mesma; e finalmente a transformación da carretera que une San Vicente e O Grove, que en próximas datas rematará as obras. E non só nas infraestruturas fixou a súa atención senón que incidiu dentro do seo do goberno en dotar a San Vicente de instalacións adecuadas para albergar as inquedanzas da súa poboación como as sociais, mellorando os locais de San Vicente e o seu campo de festas, e Balea; tamén construíndo parques infantís novos nestes lugares así como a implantación da Biblioteca en San Vicente e as Aulas de Informática. Traballou intensamente, no que era unha das súas paixóns, poder remodelar de xeito integral o Campo de Fútbol de Lampáns, que unha vez conseguidos permisos, presupostado e comprometida a implicación da Deputación no proxecto que ia alcanzar os 800.000 euros, o goberno actual paraliza, aludindo que son moitos cartos.
Tamén foi responsable, durante os últimos anos do noso mandato da area de vías e obras, no momento en que O Grove sufría a máis grande transformación urbana das súas rúas, acadando novos servizos, implantando a rede de augas pluviais i embelecendo e peonalizando moitas das rúas dos distintos barrios do concello.
Foron anos de intensa dedicación que compaxinou cun desinteresado traballo no partido, ao igual que antes de ser concelleiro. É probablemente o afiliado-modelo, que co seu exemplo e discreta maneira de actuar consiguiu que outros se sumaran a colaborar con nós e se gañara o cariño de todos.
É por elo que queremos, con motivo da súa despedida nesta faceta de concelleiro, facerlle chegar a nosa admiración e respecto.

MOITAS GRAZAS, José. Un abrazo de toda a militancia e simpatizantes do Partido Popular
No hay comentarios:
Publicar un comentario