Considera inauditas as peticións de dimisións entre os propios membros do Goberno e unha mostra da inestabilidade, descoordinación e falta de entendemento do cuatripartito
Para o concelleiro do PP Alexandre Aguín, “os cidadáns pagan as consecuencias das unións entre partidos que non teñen nada en común e aos que só lles une a ambición de poder”
O Grove, 19 de xuño de 2008.- O Partido Popular do Grove esixe ao alcalde que poña orde no seu goberno e garanta a eficacia nos servizos, un obxectivo que “está por riba das pelexas entre os seus membros e das esceas de patio de colexio”, en palabras do concelleiro do PP Alexandre Aguín, quen cualifica de “inadmisible” que o alcalde “se desentenda dos problemas que a inestabilidade evidente do seu equipo está a crear para o interese xeral dos grovenses”. Con esta actitude, o rexedor “deixa ben ás claras a súa falta de liderazgo e a súa irresponsabilidade”.
O PP considera inauditas as peticións de dimisións entre os propios membros do Goberno e unha mostra da inestabilidade, descoordinación e falta de entedemento do cuatripartito. Tra-la solicitude de dimisión do responsable de Persoal feita pública polo concelleiro de Cultura e as críticas deste respecto ás carencias de persoal para atender axeitadamente os distintos servizos, Aguín salienta que “é incrible que o propio goberno poña en evidencia a súa incapacidade e que tres dos seus membros boten a culpa dela ao cuarto”. Para o concelleiro do PP, o resultado desta situación é que “os cidadáns pagan as consecuencias das unións entre partidos que non teñen nada en común e aos que só lles une a ambición de poder”.

SOLUCIÓNS E MEDIOS
“Se hai problemas de persoal, haberá que solucionalos e poñer os medios precisos para tal fin”, apunta Aguín, quen subliña que “o que non pode ser é que os membros do equipo de goberno dediquen o seu tempo a acusarse uns aos outros, mentres a biblioteca permañece pechada gran parte do horario, hai servizos sen persoal, funcionarios en precario ou departamentos cubertos só parcialmente”.
O PP ve nestes feitos “unha clara mostra de que este Goberno non ten dirección” e considera que o alcalde “é un irresponsable por permitir que as cousas non funcionen, por desentenderse dos problemas e por quedar tan tranquilo ante semellante espectáculo”. O rexedor, engade, “ten a obriga de dirixir e organizar o seu equipo para que se poña solución ás carencias e deficiencias que se produzan en calquera ámbito, pero parece que Cacabelos nin ten capacidade nin vocación para facelo”. Os grovenses, indica Alexandre Aguín, “están a comprobar que os gobernos a varias bandas, as amalgamas de proxectos e ideoloxías dispares, resultan ao final un importante prexuízo para eles”.

No hay comentarios:
Publicar un comentario