- A familia que teña unha hipoteca media de uns 142.000 euros a 25 anos verán incrementada a súa cota mensual en 80 euros só no próximo ano. (INE)
- Na España de crise do PSOE hai medio millón de familias con todos os seus membros en paro. Cen mil familias chegaron a esta situación nos últimos doce meses.
- O endebedamento das familias españolas alcanzará este ano o seu límite máis alto.
O Goberno do PSOE discrimina á familia
- Unha muller solteira, sen familiares ao seu cargo, que teña uns rendementos do traballo de uns 14.000 euros vai cobrar 400 euros.
- Unha muller que teña un fillo de tres anos e que teña eses mesmos rendementos do traballo de 14.000 euros vaise quedar sen poder cobralos.
- Unha familia con dous follos e un solo perceptor tributa máis que unha familia sen fillos cos mesmos ingresos e dous perceptores.
- Desde o PP reclamamos unha reforma que asigne as rendas por igual aos membros da familia á hora de aplicar a progresividade e que se elimine a discriminación que, expresamente, prohibe a Constitución no seu artigo 9.
Non hai verdadeira conciliación sen emprego
- A familia española necesita que a conciliación deixe de ser un concepto e sexa unha realidade. Non é posible a conciliación coa taxa de temporalidade máis alta desde 1997.
- España encabeza o ranking europeo de temporalidade no emprego. A taxa de temporalidade en España duplica a media da taxa do resto dos países membros da UE.
- A provisionalidade e a precariedade no emprego non só non axudan a conciliar senón que impiden formar unha familia. A familia necesita estabilidade no emprego e en España cada vez hai menos estabilidade e cada vez menos emprego.
Non hai verdadeira conciliación sen garderías.
- A familia necesita prazas de gardería con horarios compatibles co horario laboral.
- En 2004 o PSOE prometeu mil millóns de euros para prazas de gardería de 0 a 3 anos que nunca se fixeron. Hoxe prometen cen millóns de euros para prazas de gardería. Pedimos 900 millóns e catro anos.
- España é o país europeo que menos gasto social dedica á familia: catro veces menos que a media do conxunto dos países da Unión Europea.
- Hoxe as familias reciben menos axudas porque o gasto social en políticas de familia nin sequera se viu incrementado á par que a inflación.
- As mulleres alemanas reciben 154 euros por fillo, en Luxemburgo 216 euros (en ambos países sen límite de rendas). A media europea é de 125 euros por fillo. En España, as mulleres reciben menos de 25 euros e o 85% non pode percibilos polos límites de ingresos.
- España ten un dos índices de natalidade más baixos do mundo: 1,37 fillos por muller. Este índice nin sequera garante o relevo xeracional nin é suficiente para a sostenibilidade do noso sistema de pensións.
- O nulo apoio á familia do goberno socialista é especialmente grave neste momento de crise porque é a familia a máis importante rede de protección social que, en momentos como este, é capaz de evitar importantes conflictos sociais.
- O organigrama e a estructura do goberno de Zapatero reflicte o pouco que lle importa ao goberno socialista a familia. As políticas de familia están escondidas –e diluídas- entre os grandes problemas da educación e os grandes temas do deporte.
Das mentiras de Caldera ao olvido de Cabrera
- Pasamos das mentiras do Ministro Caldera na pasada Lexislatura ao silencio da Ministra Cabrera nesta.
Incumprimentos de Caldera:
- Non se fixo o Plan integral das familias.
- Nunca se creou a Secretaría de Estado da Familia.
- Mil millóns de euros para prazas de gardería que non se crearon.
- Non se estendeu a paga de 100 euros a todas as nais.
- Non se aumentou o gasto destinado á familia ata chegar á media europea.
- Non se subiu a base reguladora das pensións das viúvas.
- As pensións non alcanzaron o salario mínimo como se acordou no Congreso.
- A Lei de Dependencia non ten garantida a sostenibilidade financeira.
- Hoxe a Ministra Cabrera non ten presente á familia nin nos seus discursos.
No Partido Popular importa a familia
- Ao PP lle importa a familia que se esforza desde pola mañá ata pola noite por sacar a todos os seus membros adiante.
- Apoiar á familia responde a principios de xustiza, de solidariedade e de equidade.
- As familias con máis cargas son as que máis esforzo fan e máis apoio precisan.
- Apoiar ás familias non debe ser considerado como un gasto social máis que en época de vacas fracas hai que reducir senón que, precisamente, o apoio á familia –que sempre é necesario- é agora máis urxente.
- A familia española necesita un goberno que faga políticas de futuro que non se quede en medidas electorais e políticas a corto prazo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario