Agravio comparativo coa Escola de Ardia
Como consecuencia duns traballos de arranxo na antiga Escola de Ardia, (co obxecto de acondicionala de acordo o proxecto da Escola Obradoiro) o concello tomou a decisión de derrubala non sabemos con que fin.
Sucede agora, sempre e cando o concello decida levantar de novo a edificación, que estará infrinxindo as Normas Subsidiarias vixentes, polo cál sospeitamos que non calibraron as consecuencias da súa decisión. A parcela onde se ubicaba a antiga escola (de titularidade municipal) ten unha determinada calificación urbanística. Está situada nun núcleo rural, concretamente na area de tolerancia, cun grado 7G - 3, e quere dicir isto, que o igual que calquera parcela destas características pódese construír na mesma.
O que sucede, na parcela en cuestión, é que o grado que prevén as Normas Subsidiarias nesta zona, o 7G - 3 esixe que a parcela mínima para construír ten que ter 1.000 mts.2. A parcela (propiedade do concello) pasa pouco dos 600 mts.2.
Preguntámonos, si en estas condicións o concello vai construír igualmente, a pesar de non contar co mínimo esixido por lei.
En caso de construíres, tomará o concello, este criterio para calquera veciño que teña a súa parcela en núcleo rural (7G-3) e a pesares de non ter os 1.000 mts.2. necesarios ¿ lle deixará construír ?.
Se toma esta decisión, debería anuncialo, para que os interesados o saiban, e si non ¿ construirá o concello nunha parcela insuficiente, aínda que elo vulnere a lei e sexa un agravio comparativo monumental con respecto dos veciños que se atopen na mesma circunstancia ?.
SOLICITAMOS, unha vez máis, e van...................nin se sabe, que se convoque a Comisión de Urbanismo, para poder tratar este asunto coa calma que require, antes de cometer calquera dano que poida ser irreparable

**************************************************************************
ROGO dirixido ao Sr. Besada,
A propósito do programa, que a traveso da súa concellería (Igualdade), se está levando a cabo e que consiste na realización dunha serie de excursións a distintos lugares.
Nada temos que obxectar o programa en si, o fin e o cabo é unha copia de moitos que temos levado a cabo durante a nosa etapa de goberno.
Queremos dicir, en todo caso que non hai nada novedoso (como tanto nos prometeron) senón que seguen a estela do que nós habiamos marcado.
Sen embargo, si nos temos que queixar (i iso si que nós, non o faciamos) do contido das intervencións do concelleiro ante as participantes na actividade, que ATUFAN A POLITICA.
Son verdadeiros MITINES POLITICOS, a dicir de varias mulleres que nos deron as queixas neste aspecto.
Non sabemos todavia o resultado das excursións a Madrid e Sálvora, pero nos consta que a de Ourense e Allariz foi verdadeiramente escandalosa. Non sabemos si polos efluvios que a vila Allariz pode emanar sobre calquera nacionalista ou por simple aproveitamento da circunstancia, para largar un "speach" ideolóxico. O certo é que recibimos moitas queixas polo proceder vergoñento deste concelleiro.
ROGAMOS, por tanto o Sr. Besada que deixe de levar a cabo este tipo de prácticas que son moi molestas para os usuarios, e a vostede Sr. Alcalde, que controle este tipo de desmáns que por outra parte o van a deixar sen clientela.

No hay comentarios:
Publicar un comentario