martes, 6 de mayo de 2008

Deficiente xestión no servizo de limpeza e recollida de lixo

Fotografía procedente do Faro de Vigo

Dende o Partido Popular queremos manifestar a nosa máis enérxica critica á xestión, ou mellor dito a falla dela, do servizo de limpeza e recollida do lixo e ao seu responsable o concelleiro Alfredo Bea.
E facémolo agora rematada esta ponte nun exercicio de responsabilidade para non empeorar a xa deteriorada percepción do problema que como puidemos comprobar xa tiñan tanto veciños como visitantes.
Dende fai moito tempo, xa ben nos plenos, xa ben na prensa, vimos en sucesivas ocasións denunciando a penosa xestión que se está a facer deste servizo. Un estado preocupante de deixadez do concelleiro e o alcalde. Pero sempre se negou que fora así. O Partido Popular mesmo ten presentado numerosas alternativas para a mellora do servizo, pero sempre caeron en saco roto. O concelleiro admite agora a deficiente xestión para xustificar a privatización, pero o que a todas claras ben a demostrar é a súa completa incapacidade. Este atopase máis preocupado en mellorar a súa preparación física nas pistas de Verducido que en xestionar adecuadamente e solucionar os problemas que se presentan día a día. “Hai que estar ao pe do cañón a diario”.
E queremos recordar que o concelleiro cobra do concello en réxime de dedicación exclusiva e conta con un grupo de asesores para o mellor funcionamento das súas concellerías.
Veremos si o alcalde lle pide que lle renda contas, tal como nos dixo no último pleno que “o concelleiro solo lle rendía contas a el” e non aos veciños como dende o Partido Popular lle reclamabamos.

A situación da limpeza pública no concello neste ponte de maio foi catastrófica. As xa consabidas praias sen limpar ( o anterior goberno comezaba a limpeza días antes de Semana Santa) Lanzada, Area da Cruz, Raeiras, todas con bandeira azul, hai que sumar que non se fixo ningunha previsión ó respecto e así as rúas máis céntricas,Castelao, Alexandre Bóveda, Luís Casais, Luís Seoane,.., estaban con lixo e sen varrer e os contenedores de recollida de lixo de todo o pobo sen baldeirar ata o domingo pola noite.
Este suceso é un golpe importantísimo a imaxe e o prestixio dun dos recursos máis importantes que ten o Grove;o turismo, e a nosa embaixadora máis universal; a praia da Lanzada.
Debemos incidir na importancia para a difusión internacional que ten o galardón de bandeira azul. Este non é dende logo o camiño a seguir para incrementar o número de distintivos que na actualidade ten o noso concello. Debemos lamentar que non se progrese na aseguranza da calidade das praias complementando os xa obtidos con novos certificados ( Q de calidade, ISO 14.001,EMAS,...), se non que o que é máis preocupante, se está a empeorar e retroceder.
Esperemos que o goberno tome boa nota do sucedido e non permita no sucesivo que este tipo de feitos se volvan reproducir, o que levaría a ocasionar danos irreversibles no noso turismo e reduciría a nosa competitividade no sector fronte a outros destinos turísticos, incluso veciños.

Atte.:
Fernando M. Meis
Concelleiro do Partido Popular do Grove

No hay comentarios: