" Os que tanto venderon o diálogo e o talante néganse agora a contar coa oposición e cos colectivos sociais porque están demasiado ocupados en entenderse entre eles", salienta Miguel Ángel Pérez.
" Non se explica que un goberno con maioría absoluta e cos gobernos central e autonómico teoricamente a favor non teña o proxecto de orzamentos a estas alturas do ano".
O Grove, 15 de maio de 2008.- O retraso que se está a producir na elaboración do Orzamento municipal para o presente exercicio demostra a falta dun proxecto claro para o municipio por parte do Goberno local do Grove. O portavoz do Grupo Municipal Popular, Miguel Ángel Pérez, considera que a única conclusión que pode extraerse desta demora e das diferentes informacións coñecidas en canto o montante total das contas, "que hai un par de meses anunciaron que rondaban os nove millóns de euros e agora seica superan os doce" é que a xestión do cuatripartito caracterízase "por unha total indefinición e pola falta de ideas, tendo como única prioridade manter o acordo entre os catro partidos para non perder o poder".
Miguel Ángel Pérez resalta o feito de que o Goberno local "non tivo a ben, a estas alturas, consultar nada sobre os orzamentos coa oposición nin dar participación os colectivos veciñais". Para o portavoz do PP, está claro que os partidos gobernantes "xa non se lembran de cando dicían que antes de elaborar un orzamento había que contar con todos os colectivos sociais do concello para que achegaran as súas suxestións". Algo que deixa en evidencia " a hipocrisía destes partidos que se chaman progresistas", apunta Pérez, que salienta que "os que tanto venderon o diálogo e o talante néganse agora a contar coa oposición e cos colectivos sociais porque están demasiado ocupados en entenderse entre eles".
TENSIÓNS INTERNAS DO GOBERNO
Neste sentido, o presidente local do PP insiste en que "a vida pública do Grove está neste mandato supeditada as tensións internas do Goberno, o que fai inviable unha estratexia clara para o desenvolvemento económico e social do concello e a resolución dos problemas que afectan os cidadáns".
Pérez lembra que os retrasos na aprobación dos orzamentos en anteriores mandatos debíanse "a que nós negociabamos o proxecto cuns partidos, os que agora gobernan, que o único que pretendían sempre era poñer tódalas trabas posibles para obstaculizar a súa aprobación". Sen embargo, considera que, na situación actual, "non se explica que un goberno con maioría absoluta e cos gobernos central e autonómico teoricamente a favor non teña o proxecto de orzamentos a estas alturas do ano". O único motivo posible para iso, apunta, "é que en lugar de facer un orzamento dirixido ao interese xeral do municipio están a artellar un mercadeo entre concellerías que non se poñen de acordo nun reparto baseado en intereses particulares e partidistas".
O portavoz do PP subliña, doutra banda, que a ausencia do orzamento "non xustifica que se deixen de abordar as cuestións importantes que afectan a O Grove, como é a recollida do lixo, en cuxa xestión o Goberno está a mostrar unha total incapacidade".

No hay comentarios:
Publicar un comentario