Miguel Ángel Pérez considera que a rescisión do contrato ao equipo redactor é unha mostra máis “do desconcerto que reina no Concello”
· “Atrás quedan os tempos nos que os que agora gobernan aseguraban que o Plan Xeral ía ser o obxectivo número un da nova etapa e ía facerse por e para os veciños do Grove”.
· “O feito de que a Xunta permita agora os plans especiais previstos polo Concello cando no anterior mandato non os permitiu, senón que urxía a que se fixera o PXOM, demostra a arbitrariedade dos partidos que nos gobernan”.

O Grove, 16 de maio de 2008.- O Partido Popular do Grove esixe ao Goberno local o inicio inmediato dos traballos do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), que foi anunciado polos actuais partidos gobernantes como prioridade na súa xestión e que, sen embargo, como salienta o portavoz do Grupo municipal do PP, Miguel Ángel Pérez, “un ano despois de iniciado o mandato non só non avanzou, senón que agora parece que vai acumular máis retraso pola decisión de rescindir o contrato ao equipo redactor do Plan”.
Miguel Ángel Pérez considera que a rescisión do contrato ao equipo redactor é unha mostra máis “do desconcerto que reina no Concello” e unha decisión que “sen dúbida, vai retrasar moitísimo os traballos”. “Atrás quedan os tempos nos que os que agora gobernan aseguraban que o Plan Xeral ía ser o obxectivo número un da nova etapa e ía facerse por e para os veciños do Grove”, apunta Pérez, quen lembra que o cuatripartito chegou mesmo a asegurar que “os membros do Goberno anterior nos íamos enterar gracias a eles de cómo se xestionaban os intereses do Grove” e, un ano despois, “o que estamos a ver non é, desde logo, para dar leccións a ninguén”.
O portavoz do PP subliña que “unha vez máis, vese que todas aquelas promesas eran unicamente un arma electoral para desgastar ao Goberno anterior” e salienta o feito de que, mentres se van anunciando plans especiais para o centro de saúde, para o centro de día, para a zona deportiva ou para o porto deportivo “o PXOM, o plan para todos os veciños adaptado á Lei do Solo, está paralizado”. Para o PP é evidente que “a concelleira de Urbanismo non existe e a responsabilidade desta área é directamente do alcalde, despois do pánico que lle entrou ao señor Besada cando lle foi ofrecida, aínda que non tivo os mesmos reparos para aceptar os mil cincocentos euros de dedicación”.
FALTA DE INTERESE DO ALCALDE E DA XUNTA
Doutra banda, Pérez fai fincapé en que “o feito de que a Xunta permita agora os plans especiais previstos polo Concello cando no anterior mandato non os permitiu, senón que urxía a que se fixera o PXOM, demostra a arbitrariedade dos partidos que nos gobernan”, así como que o Goberno autonómico “comparte co alcalde a falta de interese porque os veciños do Grove dispoñan da ferramenta máis útil e ambiciosa para o seu desenvolvemento futuro”.
O Partido Popular considera “preocupante e escandalosa a deixadez deste alcalde”, que, sinala Miguel Pérez, “non só non é quen de xestionar os verdadeiros problemas do Grove, senón que se dedica a crear conflictos un día sí e outro tamén”. Nese sentido, menciona que o rexedor “permite pechar camiños públicos, provocando o enfado dunha parroquia enteira e acabando no xulgado, lles nega aos veciños desta mesma parroquia a posibilidade de ter unhas instalación deportivas dignas e orixina conflictos continuos co persoal do Concello, que nunca viviu unha situación de incertidume tan grande, desde os operarios de recollida de lixo ata o persoal da escola infantil”

No hay comentarios:
Publicar un comentario