Exposición de motivos.-
A conselleira socialista Dª. Carmen Gallego, titular do departamento autonómico de Pesca e Asuntos Marítimos adquiriu, ao inicio da presente lexislatura, o compromiso de aprobar unha nova Lei de Pesca. Transcorridos preto de tres anos dende que se realizou a devandita promesa, e pese a terse superado o ecuador do actual mandato, non existe un proxecto de lei definitivo.
O texto, sobre o que na actualidade se está a traballar é un anteproxecto que ten, como obxectivo principal, o de substituír á actual normativa vixente: Lei 6/1993, do 11 de maio ( DOGA nº 101 do 31.05.1993 ).
Entre as novidades que incorpora o anteproxecto de lei destaca unha modificación substancial do réxime xurídico das concesións marítimo pesqueiras, mudando os criterios que ata o de agora se empregaban para o seu outorgamento.
Máis en concreto, o articulado da futura lei podería establecer o procedemento de concurso público para o outorgamento das concesións de actividade sobre as bateas e parques de cultivo mariño unha vez extinguido o período da concesión, así como tamén establece diversas restricións inter vivos e mortis causa das concesións.
Bateeiros e mariscadores galegos consideran esta nova regulamentación como unha agresión os seus intereses xa que a nova normativa condiciona a estabilidade na concesión das bateas instaladas na actualidade nas rías galegas, o que abre as portas a prácticas de favoritismo político na renovación das actuais concesións marisqueiras.
As vítimas directas desta nova norma que pretende aprobar a Xunta de Galicia son aqueles traballadores do mar, as máis de 20.000 familias que viven do sector e que levan, moitos deles, máis de cincuenta anos traballando nas súas respectivas concesións. Son os produtores lexítimos os que agora, coas previsións incluídas na próxima Lei de Pesca de Galicia, ven perigar o seu futuro fronte ás grandes multinacionais. O sector, sobre todo os propietarios de concesións que alcanzan os trinta anos, séntense inseguros e desprotexidos fronte a chegada da nova Lei e, de xeito especial, ante a incerteza sobre os efectos que esta normativa vai provocar.
O proxecto do goberno bipartito desvaloriza por completo o patrimonio das familias do mar e de xeito indirecto, pero non por elo menos prexudicial, afecta a toda a industria auxiliar entre as que se atopan as de cultivos mariños, conserveiras, os transportes, equipamentos de pesca, ademais da propia industria de construción naval en pequenos e medianos asteleiros.
En opinión do Partido Popular de levarse a cabo o actual anteproxecto de Lei de Pesca que a Xunta de Galicia quere aprobar, quedarían nunha situación de total indefensión miles de traballadores que verían perigar o seu modo de vida fronte as grandes multinacionais ou empresas de gran envergadura que explotan o sector.
Resulta incomprensible que o goberno galego promova un novo réxime xurídico nas concesións que supoña de facto a ruína dun sector que, co esforzo de moitos anos conseguiron levantar o negocio da acuicultura mariña que tanta riqueza achega a Galicia.
Non debemos esquecer que a primeira batea naceu fai cincuenta anos na nosa comunidade e que dende entón, o cultivo nestas instalacións permite manter o liderazgo de Galicia a nivel europeo neste tipo de cultivos.
Segundo os datos que manexa a propia Consellería de Pesca, na actualidade existen 3.515 bateas nas rías galegas. A maior parte delas dedicadas ao cultivo do mexillón e, arredor de1.190 parques de cultivo de moluscos. A produción está dominada polo mexillón cultivado en batea, con gran diferenza sobre as demais especies pois chega a representar o 96% da cantidade total producida e o 63% do volume total de facturación con 136 millóns de euros.
Galicia produce hoxe o 98% do mexillón e o 94% da produción de ameixa babosa, fina e xapónica en España, así como o 97% da de berberecho e o 72% de ostra, datos que axudan a amosar a importancia deste sector.
E por todo elo, que o Grupo Municipal do Partido Popular, solicita do Concello en Pleno que adopte o seguinte acordo,
Acordo.-
Instar a Xunta de Galicia que no proceso de adxudicación das concesións para a explotación das bateas e outras concesións maritimo-pesqueiras que formarán parte da futura Lei de Pesca, garanticen que estas se outorguen a aquelas familias que tradicionalmente desenvolven a súa actividade no sector; adxudicándolle as mesmas explotacións nas que veñen desenvolvendo a súa actividade.
Miguel Angel Pérez García
Voceiro do Grupo Municipal Popular

Resultado da votación:
Partido Popular ............ SI
Alternativa Meca........... SI
Cuatripartito ...............NON
No hay comentarios:
Publicar un comentario