jueves, 24 de abril de 2008

Rogo do Grupo Municipal Popular sobre a Administración Electrónica no Pleno do 28 de abril de 2008


Administración Electrónica

Estou seguro que tódolos aquí presentes oíron falar da administración electrónica, e dos seus avances para facilitar calquera dos engorrosos tramites de un concello.

Non estou falando de nada novo cando falo da deixadez coa que estamos a pelexar como oposición a deste goberno. I este é un exemplo mais dos que nos estamos atopando a diario.

O dominio
www.concellodogrove.com foi solicitado cando gobernaba o Partido Popular no Concello do Grove para poder crear unha paxina de servizos no cal calquera cidadán con un ordenador e acceso a internet puidese xestionar os tramites mais cotiáns deste concello. Isto ía xerar tres aspectos positivos para o cidadán: o primeiro, o aforro de papel, tinta, fotocopias e mais fotocopias; o segundo, o de non ter que dispoñer de tempo ou ter que ausentarse do seu posto de traballo para ir, por exemplo, pagar o recibo da auga; e o terceiro, o que calquera cidadán a día de hoxe ve como unha utopía, o de non ter que pasear de arriba para abaixo con un papel debaixo do brazo para un tramite tan simple como solicitar o permiso para pintar a fachada ou solicitar un bado para a garaxe.
Para a maioría dos cidadáns, que moitas das veces non solicitan un permiso de queima polo simple feito de “ter que perder toda a maña na casa grande” sería, como nos podemos imaxinar, un avance case que doutra galaxia.

Do que outros moitos concellos xa levan desfrutando anos, no noso concello vai camiño de converterse nunha das tantas promesas feitas e non realizadas deste concello. O carteliño de “en construción” xa leva preto dun ano colgado en internet.

Onde van todos estes avances para os cidadáns do Grove?
O Partido Popular estivo traballando preto de un ano para que esta paxina fose operativa, dinámica e funcional para calquera cidadán. Tódolos departamentos do concello estaban colaborando moi estreitamente para poñer a funcionar esta nova iniciativa e só faltaba o visto bo do departamento de normalización lingüística para poder colgala e poder desfrutar das ansiadas melloras.

Froito da nosa aposta por este tipo de interactividade coa cidadanía en xeral foi a posta en marcha polo Goberno do Partido Popular da paxina de turismo
www.turismogrove.com, a cal esta dispoñible en 6 idiomas, dispón de toda a información precisa e completa para poder informarse e incluso o Concelleiro de Turismo a destacou no seu resumo anual.
Os cidadáns do Grove xa están a comprobar o pouco aprecio que dende o cuatripartito amosan polo traballo feito polo Partido Popular nos seus 8 anos de mandato, pero o noso grupo seguirá a demandar melloras coherentes e necesarias para o futuro da nosa vila, polo tanto,

O Partido Popular do Grove solicita ó Sr Alcalde e a Concellaría de Novas Tecnoloxías que de aquí a 3 meses a partires da aprobación por parte do concello-pleno poña a funcionar esta páxina tan útil como necesaria na nosa administración e os cidadáns do Grove.

No hay comentarios: