viernes, 11 de abril de 2008

Habitabilidade e PXOM


Neste mes de abril (dia 17) entrarán en vigor as novas Normas de Habitabilidade, i elo supón un atranco máis a hora de outorgar licencias no noso concello.
Independientemente de que estas novas normas poidan supor un encarecemento da vivenda, xa que limitan bastante a edificabilidade, non se entenden tampouco determinadas obrigas, como a prohibición de que a iluminación natural poida ser efectuada a través de ventás na cuberta (tipo Velux); tamém a esixencia de que as ventás teñan que situarse a unha altura de 45 cm sobre o chan ou a eliminación dos aleros, e algunhas medidas máis que limitan en exceso o deseño arquitectónico e ignoran as características de gran parte das vivendas tradicionais en Galicia.
As comunidades de propietarios veranse afectadas pola nova norma, xa que condiciona o mantemento, consevación e rehabilitación de edificios, ao impedir actuacións illadas.
O máis importante no caso do Grove, é que este decreto condiciona o plantexamento urbanistico, polo que as normas que actualmente se atopan en vigor, malia que están en fase de redacción deberán ser revisadas para procurar que se axusten ao novo decreto, o que se traducirá en novas paralizacións e retrasos adicionais para o concello.
O igual que outros departamentos, dende agora e como fase previa a aprobación definitiva do PXOM, tamén haberá que solicitar informe da Conselleria de Vivenda, que deste xeito influirá no planeamento a pesar de que como advirteu o Consello Consultivo e a propia Conselleria de Política Territorial carece de competencias en materia de urbanismo.
O peor da situación é que namentras, as normas van cambiando, as condicións para construir no Grove se endurecen, e o noso PXOM segue a durmir nalgún caixón do Concello.
O goberno, neste como noutros temas está desaparecido, e parece que tampouco se lle espera.
Foron múltiples as ocasións i ofrecementos que a oposicións brindou para sacar adiante este tema, que por outra banda, os que agora gobernan sempre dixeron (alomenos en campaña electoral) que era crucial para o desenrolo de O Grove.
A resposta, sin embargo sempre foi a mesma, o silencio e o rexeitamento deste ofrecementos.
Fai cáseque tres meses, logo da permanente insistencia por parte da oposición, creouse a comisión de urbanismo, que se nos prometeu empezaria a funcionar en quince dias, pero as cousas siguen igual. É decir, estamos como hai nove meses, non se moveu absolutamente nada a pesares das declaracións do alcalde intentando disimular a realidade.
Unha vez máis, ofrecemola nosa colaboración para sacar adiante o que consideramos “é o traballo máis importante que o concello tén prantexado nestes momentos”. Máis aló, das necesidades do propio concello en canto a solo para infraestructuras están as dos propios veciños que tamén teñen as suas necesidades.
Non rexeite a colaboración que os sete concelleiros do Partido Popular poden aportar a un tema tan importante para o noso concello.



No hay comentarios: