Nunha reunión mantida anteriormente co Partido Popular do Grove , Miguel Ángel Pérez compormeterase a concertar unha cita entre a recen creada Asociación do Deporte Meco e o deputado provincial responsable da Área de Deportes, José Enrique Sotelo, esta celebrouse esta tarde na sede do partido meca.
Esta primeira reunión serviu como toma de contacto entre o deputado provincial José Enrique Sotelo, e os representantes da Asociación Deporte Meco (ADM). Estes aproveitaron a ocasión para amosarlle a Sotelo as súas inquietudes a nivel de axudas e infraestructuras. Pola súa parte Sotelo repasou o listado de axudas concedidas a entidades deportivas do Grove en anteriores convocatorias. Tamén advertiu que o departamento de deportes da Deputación está a experimentar un cambio na súa estructura e orzamentos.
Tanto o deputado como a ADM emprazáronse para unha nova xuntanza para tratar máis polo miúdo as liñas de traballo da nova asociación, e na que coñecerán o estado definitivo do servizo provincial tras a devandita re-estructuración.

No hay comentarios:
Publicar un comentario