viernes, 25 de enero de 2008

A POLÍTICA DO GOBERNO LOCAL EN MATERIA DE TURISMO CARACTERÍZASE POLA PARALIZACIÓN, A FALTA DE INICIATIVA E O ESCURANTISMO


O PP considera inexplicable que non se teña informado sobre a participación en FITUR nin se convoque o Consello Sectorial
O Grove, 25 de xaneiro de 2008.- A política do Goberno local do Grove en materia de Turismo, sector clave de dinamización socioeconómica do municipio, caracterízase pola paralización, a falta de iniciativa e o escurantismo. Malia constituír un dos motores do concello, o cuatripartito amosa un total desinterese por este ámbito e polo impulso de actuacións para a súa promoción e consolidación.
Nese sentido, o PP do Grove considera inexplicable que non se teña informado sobre cál vai ser a participación do concello en FITUR, a pesar de que esta importante feira de Madrid, unha das maiores do mundo e que constitúe un escaparate de primeira orde para a promoción de destinos, celebrarase xa dentro duns días, do 30 de xaneiro ao 3 de febreiro. Así mesmo, descoñécese calquera aspecto da posible participación noutras feiras convocadas ao longo do ano.
Igualmente inexplicable ve o PP o feito de que non se teña convocado, neste mandato, o Consello Sectorial da Festa do Marisco e o Turismo, un dos primeiros órganos que se puxo en marcha no Grove e no que se dá participación a todos os grupos políticos e ás asociación empresariais vencelladas ao sector, co fin de establecer un foro permanente de análise e discusión dos asuntos relacionados co turismo local e os servizos e asesorar ao Goberno. Para o voceiro do Grupo Municipal do PP, que solicitou a súa convocatoria para abordar a polémica relativa ao campionato de Tiro ao Pombiño da Toxa sen obter resposta algunha, esta negativa constitúe “unha mostra máis de cál é o verdadeiro talante dos partidos que conforman o Goberno, que presumen de demócratas, de plurais e de abertos á participación pero, á hora da verdade, foxen do diálogo e se pechan en banda, excluíndo á oposición de calquera debate e mesmo de calquera información que os cidadáns aos que representamos merecen obter”.

UNHA ÁREA QUE NIN SE SABE SE EXISTE

O Consello funcionou, cando gobernaba o Partido Popular, como un instrumento de gran utilidade para abordar asuntos como a promoción co concello ao longo do ano, mediante a elaboración dun calendario de feiras ás que acudir, así como da participación nos work-shops organizados por Turgalicia en distintos lugares da Península; a programación de eventos como a Festa do Marisco ou as Xornadas Gastronómicas do Centolo; ou todos aqueles relacionados coa promoción do municipio e as vías para atraer visitantes novos, procurando acadar unha desestacionalización como obxectivo primordial a conseguir.
Miguel Pérez lembra tamén que un dos temas que no anterior mandato tratouse no devandito Consello Sectorial, o da creación do Consorcio de Turismo do Salnés, “caeu nun burato negro, porque non soubemos nada máis desa iniciativa nin de cáles son as intencións deste Goberno sobre a mesma”. Un escurantismo que se estende a todo o relacionado coa política en materia de Turismo, “área da que nin sequera sabemos si existe, se funciona e se ten un concelleiro-delegado asignado”.
O presidente local do PP subliña que ese desinterese “xa se fixo ben patente cando o Concello decidiu non acudir á WTM de Londres, sendo O Grove o único municipio do Salnés ausente nesa importante feira, o que supuxo desprezar unha das mellores oportunidades de coñecer e introducirse nun mercado aínda sen explorar”. Un erro “que, no colmo dos despropósitos, o Goberno xustificou afirmando que esa función corresponde aos empresarios e restándolle importancia ao asunto”, o que “dá idea do nivel de responsabilidade do cuatripartito e do apoio que pensan dar a este sector fundamental do noso municipio”

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Nun foro de www.todogrove.com aparece unha fantástica leción de historia coa fin de esixir a certas persoas que se chaman a se mesmas historiadores, que se documenten antes de falar:

Ceivar...
Non teño nin idea de quen eres...pero ademais de escribir en esa lengua mezclada que o fas, penso que deberias informarte antes de escribir certas cousas, non por que sexas de esquerdas e outros de dereitas simplemente, senón por que algo que dixeste non é verdade e eso pode causar confusion na xente nova que descoñece certos aspectos da historia...
Refirome ó tema de Castelao no que dis que :

"Castelao tivo que exiliarse devido a que o noso Presi-Dinosauro Fraga Iribarne ordeou a súa aniquilaçom quamdo era a man direita de Franco"

E logo comentas que:

"Datos como estos más outros vencelhados a o nosso povo som os que o noso concelheiro nos brinda a oportunidade de conhecer já que nom todos tivemos a sorte de ir á escola para medio ter umha idea sobor destes temas"

Se estes son o tipo de datos que nos pode ofrecer o concelleiro de cultura, seria mellor que se fóra pa casa e deixase o posto a alguen que ensine algo mais real e certo, explicome:
Castelao naceu no ano 1886 en Rianxo e que eu sepa e segun a historia del, foise do pais despois da guerra civil, no 39-40 se mal non recordo...morrendo no ano 1950 en arxentina...
Chegados a este punto gustariame saber como é posible que o Dinosaurio Don Manuel ordenou a sua aniquilacion cando era a man dereita de Franco,tendo en conta que Fraga naceu no ano 1922, comezando estudios de dereito no ano 1939 en santiago,marchando no 1940 a rematar estudios en Madrid hasta que se licenciou no 1944...
Hasta o ano 1951 non entrou en politica, un ano despois da morte de Castelao...
Gustaríame que explicaras como é posible que fose a man dereita de Franco estando estudiando...¿?

"Nombrado ministro de Información y Turismo en julio de 1962, Fraga Iribarne impulsó la aprobación de la Ley de Prensa e Imprenta, publicada en 1966 (que posibilitó la creación de nuevas empresas periodísticas) y el Estatuto de la Publicidad. Convirtió a España en la primera potencia mundial en materia turística. Tras siete años de legislación y administración ejemplares, durante los que impulsó la creación de paradores nacionales y puso en práctica una política de expansión y ayudas oficiales al sector privado, hizo del turismo la primera industria del país."

Pareceme que moito mezclar galego con portugues e moito falar dos pais da Galicia polo que nos conta calquera, pero pouco nos dedicamos a indagar na verdadeira historia...

Partido Popular do Grove dijo...

Desde a administración do blog queremos dicirlle ao autor do artigo publicado en todogrove que si quere que o borremos deste apartado nos avise deixando un comentario ou enviando un e-mail
Grazas