Foto procedente de www.todogrove.com
Moi boas noites aos presentes.
Que o grupo de Goberno, e o que é máis importante, os noso veciños o teñan ben claro: o Partido Popular quere unha E.D.A.R. para O Grove.
Pero non a queremos en Laxe de Rons nin en ningún outro lugar que supoña para os nosos veciños un prexuízo máis ca unha vantaxe.
Propoñemos ao igual que no seu día fixera Augas de Galicia e o mesmísimo conselleiro de Medio Ambiente, o socialista Pachi Vázquez, e defendemos como máis axeitada a súa ubicación na zona do Corgo.Os motivos son máis que suficientes. Pero, sobre todos eles, o que máis peso ten de por si é que nesta ubicación non se prexudica a ninguén.
Pola contra, vostedes persisten no seu empeño de facer realidade un torpe capricho dalgún politiquillo ao cal, a súa vaidade non lle deixa ver máis alá do seu bandullo.
Vostede e os seus compadres de goberno van camiño de conseguir en tan só oito meses o que o anterior goberno non conseguiu en oito anos. Pouco a pouco van pasando polos xardíns do Corgo manifestacións de protesta de veciños de todos os barrios do Grove. Alí estiveron xa os veciños de Reboredo, Balea e San Vicente reclamando a seu dereito a unhas instalacións deportivas decentes. Estes días os veciños de Terra de Porto, Rons, Porto Meloxo, Boibas e Virxe das Mareas maniféstanse encontra do seu capricho, sr. Cacabelos, de pórlle unha depuradora á porta das súas casas.
Si vostede pensa que estes veciños non teñen razón e se xustifica nos informes dos técnicos, por qué estes mesmos técnicos proclamaron que ?“ ...ninguén quere una depuradora a la porta de su casa. Iso podemos comprendelo.” “ el problema de los ventos reinantes en el Corgo de compoñente norte reinantes en verano, poderían introducir olores de la depuradora en el casco urbano” . ¿ Pode ser sr. Alcalde que sexa que a vostede a calidade de vida dos veciños destes barrios non lle interese o máis mínimo? O que a vostede realmente lle interesa é que lle cumpran os seus caprichos coma aos nenos malcriados. E cobrar a fin de mes o seu xeneroso e mal ganado soldo, pagado en parte cos impostos destes veciños os que agora despreza.
Falemos agora do custe da construción en Laxe de Rons, tres millóns e medio de euros máis. No pleno anterior nos dicía que o Concello arrastraba un déficit de 400.000 €. Sr. Alcalde, a súa neglixencia o precede. ¿ que non se faría nestes barrios con ese despilfarro de tres millóns de euros? Iso si. Para paliar este déficit, vostede o tivo fácil. Que paguen máis impostos os veciños. Para que me vou a matar xestionando recursos diante das Administracións?
Pero e que se lle esquece a vostede tamén o custe que suporá ter tres novos bombeos, enormes e dun consumo impresionante, para seren capaces de bombear para Laxe de Rons as augas fecais de todo O Grove dirixidas xa cara ao Corgo.
Por outra banda, cuestionámonos ,e moito, a competencia dos técnicos que elaboraron o seu proxecto, e o que é máis importante, cuestionámonos a súa imparcialidade.
Dado que dende hai xa tempo o goberno do concello apuntaba a Laxe de Rons como o lugar para facer a depuradora, o que fixeron os técnicos foi máis que propoñer alternativas ao Corgo foi xustificar para vostedes o construíla en Laxe de Rons. Se lle pediran que fose nos Madróns tamén o tiveran feito. Discutimos tanto os métodos e os procedementos de realización do proxecto coma o proxecto en se.
Vostede quere condenalos a soportar os cheiros nas súas casas de por vida. Quixéronos engañar con todo tipo de promesas e contraprestacións a cambio de “deixar facer”. Mesmo lles organizaron unha viaxe a depuradora de Moaña, na cal, para a súa fatalidade, os veciños puideron coñecer as penurias que lles agardan.
Á pérdida de valor dos terreos próximos que causará á súa depuradora, hai que engadir a incertidume causada nos profesionais da acuicultura, sector estratéxico para a economía do noso pobo e con importantes instalacións no entorno da súa depuradora, que ven como vostede está a poñer en perigo o seu futuro e o das súas familias.
E remato dicíndolle, sr. Cacabelos, que en oito anos de bo goberno o Partido Popular tivo sempre como principal obxectivo de traballo mellorar no posible a calidade de vida dos nosos veciños. Para elo invertéronse en barrios coma Virxe das Mareas importantes partidas presupostarias para a creación de servizos tan necesarios coma o saneamento, os accesos, os espazos públicos e sociais. Politica de benestar.
Para facer realidade o seu capricho o que vostede lle está a impoñer e unha política de incomodidades diarias.
Fernando M. Meis, Concelleiro do Partido Popular

No hay comentarios:
Publicar un comentario