jueves, 10 de enero de 2008

O que nos custa o Cuatripartito


De todos é sabido, que durante os dous mandatos anteriores, o goberno do Partido Popular pediu en múltiples ocasións, poder contar cun concelleiro liberado, que apoiara nas labores diarias ao alcalde.
Cada vez, que se propoñía, tán só escoitabamos,
- Que non era necesario,
- Que tódolos concelleiros tiñan traballo e por tanto soldo (sen embargo
esixíanlle como se foran asalariados do concello)
- Que a dedicación precisa para atender as obrigas do concello non
precisaba dun salario, etc, etc, etc.

Os mesmos que tan só fai uns meses dicían iso, agora xustifícano desvergonzadamente, dicindo que, a súa dedicación si necesita un soldo, e que ninguén debe asustarse por cobrar un soldo se traballa.
Como dicía o lobo no conto de Caperucita, CARALLO, COMO CAMBIOU O CONTO.
Nos seguimos defendendo, que é necesario pagar a quen traballa con dedicación. Votamos en contra destas ( a excepción da do alcalde) pola súa desfachatez. Aínda así, non estamos seguros que isto remate aquí, posto que algúns membros do cuatripartito, xa se queixan de que eles non cobran. .....................Estaremos atentos.

Custo Gobernos do P.P. .............Custos do Cuatripartito

Alcalde --> 44.198 € ......................Alcalde --> 44.198 €
.....................................................Concelleiro --> 29.998 €
.....................................................Concelleiro --> 29.998 €




__________________________________________________

Total.- 44.198 € ..............................Total.- 104.194 €

Evidentemente, estamos a falar de euros, ao ano.
Debido, a que xa estamos no 2008, debémoslle aplicar aos 104.194 euros de custe do cuatripartito, aproximadamente o 3,5 % que nos van custar máis, este ano, que son uns 3.646 euros máis.
Ademais, destes custos (polo de agora), estaremos atentos a posibles pagos de "asesores", " servizos externos " prestados por empresas, etc.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Ahora xa me explico por que subiron os impostos. Se non non poden cobrar

Anónimo dijo...

Pois tamén lle tiñan que dar un sueldo ao excelso Concelleiro Enterrador pero non para que exerza como político se non para que se volva para Gondomar e non volva a cruzar o istmo
Pero onde foron a encontrar a esa Joya de la Corona?

Anónimo dijo...

E canto nos vai custar todo iso aos contribuyentes?
Non me explico como, si encontraron tan empeñado o concello, como se poden permitir o luxo de pagar máis soldos.
Pero onde imos a parar!!!!!!!!