- Tal e como está deseñado, o seguro de mal tempo para os mariñeiros galegos non resulta funcional e debe ser modificado de inmediato, antes de que remate este inverno.
-Ata o de agora, para facer efectivas as indemnizacións, a póliza determina que se deben rexistrar entre 4 e 5 días de ondas dunha altura comprendida entre os 6,5 metros (desde A Guarda ata Touriñán e de Prioriño a Ribadeo) e os 5,5 metros (entre Touriñán e Pioriño). Sen embargo, as características dos temporais que azoutan a costa galega fan que sexan moi escasas as épocas nas que se rexistren eses parámetros de altura das ondas.
- Pese a que o ano 2007 se pechou con 60 días de temporal, en ningún momento se cumpriron as condicións que esixe o seguro para que os mariñeiros puidesen acollerse a subsidio e non ter que saír a faenar.
- Tendo en conta que tal e como foi deseñada, a póliza non se axusta ás necesidades do sector, o PPdeG plantexa modificar o baremo utilizado para fixar as indemnizacións e que, en lugar de usar como referencia a altura e persistencia das ondas, se tome como base a forza do vento, que tamén adoita castigar con dureza o litoral galego e condiciona e, en situacións extremas, afecta á seguridade da flota pesqueira.
- O PPdeG xustifica a necesidade de modificar as características do actual seguro de mal tempo argumentando que o 96% dos barcos que integran a flota galega rexeitaron subscribilo. Deste xeito, tan só 200 embarcacións, das 5.000 que integran a flota pesqueira galega subscribiron a póliza subvencionada pola Xunta.
- Á vista deste datos, o PPdeG conclúe que o seguro de mal tempo auspiciado pola Administración autonómica constitúe un “sonado fracaso” que precisa ser revisado de inmediato, fixando unhas condicións que realmente axusten á realidade do sector.

No hay comentarios:
Publicar un comentario