martes, 22 de enero de 2008

Touriño segue a xogar coa economía


- O PPdeG anima a todos os militantes e simpatizantes do partido a asistir á Convención que organiza o PPdeG para apoiar ao presidente nacional do PP, Mariano Rajoy, na súa carreira cara a Moncloa.
- Nesta campaña, o PP precisa, máis ca nunca, de todos os seus afiliados e simpatizantes para que o as súas propostas e ideas cheguen a todos os cidadáns.
- Galicia ten agora a oportunidade histórica de que o próximo Presidente do Goberno sexa un galego.
- O PPdeG está convencido de que Rajoy será o próximo Presidente do Goberno por personalidade, programa e equipo.
- Mariano Rajoy coñece de primeria man os problemas e necesidades dos galegos e con Mariano Rajoy, Galicia deixará de ocupar o último lugar nas prioridades do Goberno.

Touriño segue a xogar coa Economía e anuncia incrementos de investimentos 10 veces maior do que ten presupostado.-
- O PPdeG pide a Touriño que deixe de frivolizar coa economía e non anuncie incrementos de orzamentos dez veces maior do que ten o presuposto.
- Touriño anunciou incrementos de investimentos do 35% e no orzamento da Xunta só suben o 3%, polo que o investimento é insuficiente.
- A evolución de incremento do capítulo VI da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, demostran unha caída nos investimentos nos últimos tres anos.
- Nos últimos orzamentos da Xunta do PPdeG, o incremento do capítulo VI foi do 28,5% e a partir de entón, a taxa de incremento vai baixando, ata acadar un valor do 3,3% en 2008, precisamente cando máis hai que impulsar os investimentos públicos.
- Ademais, a execución presupostaria a xuño de 2007, os últimos datos remitidos ao Parlamento de Galicia, a Consellería de Política Territorial, o órgano que máis inviste na Xunta, so ten executado o 14,3% do seu orzamento.
- Segundo os datos de SEOPAN, a licitación da consellería de Política territorial, entre xaneiro e novembro de 2007, é a metade do que di que se vai a investir neste ano. Concretamente, licitáronse 714 millóns de euros.
- Comparando datos do último exercicio presupostario da Xunta do PPdeG, a licitación reduciuse (con datos homologables a novembro) de 870 millóns de euros a 714, o que supón unha reducción do 18% en obra pública entre o 2005 e o 2007.
- Nos dous anos e medio do bipartito existe unha desaceleración na inversión en infraestructuras e a realidade é que:
- o 89% dos quilómetros que actualmente están en obras foron impulsados pola Xunta do PPdeG
- todas as VAC que actualmente se atopan en obras ou servizo foron licitadas pola anterior goberno autonómicos
- as sete autovías-vías de alta capacidade actualmente en obras foron licitadas polo goberno do PPdeG
- todas as autovías que non iniciou o goberno anterior están paralizadas

O PPdeG pide asesoramento directo da Xunta para os máis de 156.000 galegos que verán, en xullo, como a súa tarifa nocturna se incrementa ata un 20%.-
- O PPdeG pide que o Executivo galego asesore a todos os afectados, co obxecto de estudiar algún mecanismo para minimizar o impacto económico nos damnificados, así como ver cómo poden solucionar a necesidade de ter que cambiar o limitador, de ter que incrementar a resistencia dos acumuladores e de ter que contratar nova potencia, cambios que supoñen un gasto adicional por fogar de 500 euros.
- Subliñar a discriminación e penalización que sufrirán, dentro de seis meses e como nunca se producira antes, os usuarios da tarifa nocturna. Xa que estamos a falar do maior impacto de incremento da enerxía eléctrica para máis de 156.000 consumidores galegos.
- Subliñar tamén a dobre moral que está a manter o Bipartito neste asunto, botando a culpa desta decisión ao Goberno de Madrid, cando xustamente o Executivo da Xunta é a mistura do Goberno de Madrid máis os nacionalistas do BNG, que estiveron na Comisión de Enerxía e non se opuxeron a esta medida.
- Para o PPdeG, esta dobre moral ‘de dicir unha cousa e facer a contraria’ non ten cabida na política actual. Non se pode botar a culpa sempre aos demais e estar votando a favor das medidas que agora un reproba.
- O Executivo galego deberá explicar aos afectados por qué non fixo nada para evitar esta suba. O Partido Socialista terá que explicar por qué fixo esta proposta e o BNG por qué foi cómplice necesario na Comisión de Enerxía do Ministerio de non pronunciarse.
- No tocante á recente dimisión do responsable do Instituto Enerxético Galego (Inega), asegurar que se trata dunha víctima máis dos problemas do Goberno entre os socialistas e nacionalistas, aos que, por outra banda, nos teñen habituados.
- Lembrar así as discrepancias entre PSOE e BNG no que a enerxía se refire. Os nacionalistas están en contra do canon eléctrico que propoñen os socialistas, e os socialistas están en contra de que a Xunta de Galicia participe nas empresas eólicas. Ao final, o director de enerxía optou por dimitir e irse.
- A nova da dimisión, que ocorre en plena discusión sobre o canon eléctrico e en pleno incremento da tarifa nocturna, é unha ‘mala noticia’ que debe ser aclarada canto antes.

Fórmula do PPdeG para saír da crise: novas infraestruturas, devolver a confianza ao consumidor, maiores pensións e menos impostos.-
- O PPdeG expuxo ante a Confederación de Empresarios de Galicia o que considera como a mellor fórmula para saír da crise económica na que nos atopamos: rebaixar os impostos, subir as pensións, fomentar a posta en marcha de novas infraestruturas e xerar un clima que devolva a confianza aos consumidores.
- Rebaixa de impostos.-
- Para o PP é vital acabar con figuras impositivas como o imposto de sucesiónes e doazóns, así como co imposto de patrimonio.
- Asimesmo, aposta por unha rebaixa do Imposto de sociedades ata achegalo en Galicia aos parámetros nos que se moven outros países europeos, a través dunha rebaixa de cinco puntos, de forma que pase do 25 ao 20% no caso das pemes e do 30 ao 25% no das grandes empresas.
- O PPdeG aposta tamén por eximir de pagar IRPF a todas aquelas persoas que cobren menos de 16.000 euros ao ano, algo que beneficiará ao 60% dos contribuíntes galegos e que permitirá introducir no circuíto do consumo ata 360 millóns de euros, e por ofrecer deducións de 1.000 euros a aquelas mulleres que traballen fóra de casa.
- Propón incrementar 150 euros a aquelas persoas maiores de 65 anos que cobren pensións de viuvez. En total, 221.000 galegos veríanse beneficiados por estas proposta, que ademais, como no caso das exencións no pago do IRPF, permitirían á Administración reingresar o diñeiro a través de impostos ao consumo.
- Confianza dos consumidores.-
- Os datos do Instituto Galego de Estatística aseguran que a media de confianza empresarial baixou en case 25 puntos en dous trimestres, mentres que a confianza do consumidor faino en 20 puntos desde xullo.
- Novas infraestruturas.-
- As infraestruturas son vitais para crear riqueza, fixar poboación e dinamizar territorios aínda que a Xunta e o Goberno central non presten atención ás mesmas.
- Tanto o Goberno central como o Bipartito afanáronse en boicotear o Plan Galicia.

No hay comentarios: