martes, 22 de enero de 2008

De Leria polo Corgo


Hoxe inauguramos un novo apartado, con noticias breves e frescas, plantexadas informalmente. Esperamos que vos guste

¿Que sabedes vos das supostas desavenencias no grupo de goberno co asunto da depuradora?.
Primeiro foron, os do BNG e máis de EdeG os que impuxeron o lugar de Laxe de Rons e o alcalde tivo que tragar.
Cando viron a que montaron fixeron aquel aprazamento do pleno, din que para reflexionar. Logo decidiron tirar para adiante e, parece ser, que agora queren darlle unha voltiña e culpan ao alcalde de todo o que pasou.
¿Será verdade todo iso? ¿Cales son as verdadeiras razóns para elixir aquela zona? Iso de que foron consellos técnicos non o creemos ninguén, verdade?
*************************************************************************
¿Ata onde chegarán as diferenzas entre os dous socios do goberno galego?
Non comezou nada ben o ano para o presidente Touriño e o vicepresidente Quintana. Estamos metidos xa, en pleno proceso electoral e os desencontros entre o PSdeG e BNG non fan máis que aflorar. Acusacións mutuas, enfrontamentos e a sensación de que vivimos nunha situación de impasse.
¿ Curarase esta gripe o 9 de marzo, ou seguirá despois ?.
*************************************************************************
Dicíalle un malalengua ao seu compañeiro de conversa, o outro dia na porta da lonxa, que lle chamaba moito a atención que durante anos o noso Paco estivera dando leña día si, día tamén contra López Veiga, porque este, non abría a veda do centolo o 1 de novembro, e agora, que segundo din, ten todo o poder do mundo na Consellería de Mucha (Pesca), nin sequera se acorda do asunto.
¿ Sería por non poñer en apuros á Conselleira ? ¿ Non sería que o malalengua este lle entendeu mal i el o que pedía era que lle deran vacacións dende o 1 de novembro?

No hay comentarios: