lunes, 10 de diciembre de 2007

Emporcamento e falta de servizos



Diana Otero Mascato, en nome do Partido Popular de O Grove quere facer unha queixa pola situación de abandono, emporcamento e falta de servicios que están a padecer ultimamente barrio coma Virxe das Mareas, Porto Meloxo, Carretera do Conde , O Con.
“Como unha proba gráfica vale máis que mil palabras envíovos as fotografías que saquei onte”. Nelas pódese apreciar como o paseo marítimo de Porto Meloxo, paseo dos que disfruta a xente nos seu tempo libre ou que utilizan os peóns para chegar ata o porto mariñeiro, fai xa case dous meses que está nunca situación penosa e, o que é peor, perigosa para os viandantes xa que cada vez que alguén quere disfrutar das instalacións ou pasar por alí, ao chegar a dito punto ten que saltar á rúa pola que pasan constantemente camións dende o porto coa posta en perigo inmediata da súa integridade física. E aínda peor, alí xogan rapaces, e aquelo, coas pedras e os anacos de madeira medios colgados é un perigo público para eles.
Pero iso non é o único, onte queixábanse os veciños de Virxen das Mareas publicamente de que non se recollen as basuras. Por desgracia, non son os únicos afectados. Nin en Virxen das Mareas, nin en Porto Meloxo, nin no Con fan unha parada as brigadas de limpeza ou barrendeiros. Parece que o actual goberno queira converter a estes barrios nun extrarradio, ou semella que os veciños de ditos barrios non paguen con regularidade os seus impostos coma os veciños de todo o Concello. Ë de vergoña a marxinación que están a padecer os veciños de ditos barrios.
Eso sí, pódense consolar con que o Cuatripartito lles vai a regalar unha gran inversión: a Depuradora, é digo grande porque o Alcalde en funcións recoñece que tan só a instalación vai ter un custo de tres millóns de euros máis, e como se ve que non debe de participar moito cos seus impostos na cifra, porque parece que lle da igual. E todo iso sen contar cos gastos de enerxía e bombeo anuais , e de instalación e compra de terreo, porque non é o mesmo instalar a Depuradora onde xa esta feita que desviar todo o ramificado de tuberías co conseguinte gasto en enerxía. E dicir, en vez de adaptar a depuradora en servicio do pobo, agora, polo capricho do Alcalde, vamos a adaptar o pobo en servicio da depuradora. Porque claro, é un grave prexuízo para o futuro porto deportivo, que se aproveiten as instalacións xa feitas, pero, non se ten en conta o sobre custo que nos vai a supoñer o capricho, nin a opinión dos veciños de Virxen das Mareas e Carretera do Conde.
E digo eu, ¿se non temos cartos para limpeza e para arranxar un paseo marítimo que pon en perigo aos viandantes, como se tiran tantos millóns de euros en unha pataleta do Rexidor? ¿e como se hipoteca de esta maneira ao noso pobo sabendo que esa obra nos vai a supoñer un desembolso de cartos moito maior que a obra inicialmente prevista?

No hay comentarios: