jueves, 27 de diciembre de 2007

Aprobado o anteproxecto da EDAR ante as protestas dos veciños de Virxe das Mareas


Foto procedente de www.todogrove.com

Os veciños afectados pola ubicación da Estación Depuradora de Augas Residuais volveron a organizar unha marcha ata a Casa do Concello para amosar o seu rechazo no pleno extraordinario que tiña como único punto a aprobación do Anteproxecto.

Logo de ser retirado da Orde do Día do anterio pleno ordinario do mes de decembro, polas presións veciñais, o polémico Anteproxecto da EDAR protagonizou esta nova sesión plenaria, que comezou nun ambiente realmente tenso, os veciños de Virxe das Mareas portaban pancartas nas que increpaban ó Goberno Municipal nas que podía lerse, entre outras, “Este era o proxecto que tiñades para nós?”, "A merda pa vos, porto deportivo pa nos", "Virxe das Mareas, marxinada, Goberno municipal culpable".

Debate
Mentras que o alcalde do Grove, José A. Cacabelos recibiu berros e pitadas cando tentaba expoñer as razóns para a unbicación da EDAR, as intervencións de Ayda Filgueira e Miguel Pérez, portavoces de Alternativa Meca e Partido Popular respectivamente, foron aplaudidas polos presentes.
Votación
No intre previo á votación para a aprobación do anteproxecto todos os membros do Partido Popular pediron a palabra, ao que o alcalde respostou lembrandolle que o procedimento estipula que só o portavoz de cada grupo fará uso da mesma. No momento en se ía producir a votación todos os representantes de Alternativa Meca e Partido Popular abandonaron o Salón de Plenos, deste xeito quedou aprobado o Anteproxecto cos votos dos membros do equipo de goberno.

Pitada e pancarta
O resultado da votación provocou a reacción de todos os presentes, que increparon ós edís do grupo de goberno con unha pitada e berros de “Dictadura” e “Fuera”, ó tempo que se arroxaron bombas fétidas no interior da sala. Os momentos de máxima tensión rexistráronse entre partidarios e detratores que se atopaban entre o público. No último momento persoáronse membros da Policía Local no Concello para evitar que os enfrontamentos verbais foran a máis. Mentras alcalde e concelleiros saían da Casa do Concello os afectados colgaban unha pancarta na que pode lerse: “Os afectados pola ubicacion da EDAR deséxanlle ó goberno municipal: felices festas”.
Artigo procedente de http://www.todogrove.com/

No hay comentarios: