miércoles, 28 de mayo de 2008

De Leria polo Corgo

Estaban esta mañá, nunha céntrica cafetería do noso concello uns cuantos amigos comentando o último capitulo do serial da Confraría e a verdade que o tema ten enjundia.
Quen nos diría que iamos chegar a estas!!!!. O noso Paco maila supersecretaria TIRANDOSE LOS TEJOS, perdón digo, LOS TRASTOS.
Aquí non sabemos por quen tomar partido; si polo patrón que chegou con renovadas forzas i entrou na Confraría como un elefante nunha cacharreria, ou pola secretaria, que está tomando da medicina que durante anos lle aplicou aos demais. QUE TIERNO TODO. A verdade é que estamos co corazón nun puño. Seguirémo-los acontecementos.

****************************************************
¿ E que me din das marabillosas declaracións do revisionista da historia metido a "concelleiro de urbanismo", nas que afirma rotundamente, que si farán o PXOM, pero non " PA TRES TURISTAS QUE VEÑEN NO VERÁN "
¿ É que lle molestan a este, os turistas ?. Xa nos amolaron o tiro de pichón, agora a concentración moteira, e tamén queren espantar aos turistas.
Estas son algunhas das reflexións que facían os do café desta mañá, i entre sorbo e sorbo un deles sorprendíase que non saíra ninguén do sector da hostalería que lle cante as corenta.
QUE DIOS NOS COLLA CONFESADOS.

****************************************************
¿ Que estará a pasar que non son capaces de presenta-lo orzamento ?
Estamos xa, na metade do ano, e teñen maioría absoluta, é o que pensa a maioría. Sen embargo, non dan avanzado.
Levan dende xaneiro anotando o que se lle ocorre a cada un, e o alcalde, todo crecho el, dicíndolles, non te preocupes ti vai pedindo; ata que por fin se dan conta de que teñen que casa-las contas dos gastos co capitulo de ingresos, e xa van un par de millóns por diante.
A verdade, que corren moito. O conto, ven agora cando hai que recortar, un que quere dous camións novos, tres varredoras e non sei cantos operarios; o outro que ve perigar o aluguer do cine para seguir montando charletas da memoria histórica, o de turismo non di nada, pois total pa o que fai, xa lle está ben; e o do solo, o que lle colleu medo ao tema do urbanismo, está moi ocupado con amolar ás compañeiras da Escola Infantil.
En fin, que todo será culpa do PP, ou da Deputación, por que non?

1 comentario:

Anónimo dijo...

¿Que apostades que o proximo domingo o noso Paco Patrón Maior vai a estar na festa que o PSOE vai a facer en Santiago para conmemorar os 3 anos de goberno? hai Paco Paquiño Paco, ¡quien te ha visto y quien te ve! primero en las listas del BNG, despues bajo las siglas del PP en un acto del PP en el Corgo y ahora haciendole las miras al Psoe de Mucha y Touriño.... Olé ese Plumerooo hijo miooo! Si eso no es moverse por conveniencia, que baje nuestro dios y que lo vea, ¡ despues son los demas los que de dedican al politiqueo!