jueves, 3 de abril de 2008

O GOBERNO DO GROVE ELUDE EXPLICAR A SITUACIÓN DUN TRABALLADOR DO CONCELLO QUE CARECE DE CONTRATO


O Partido Popular presentou hai días unha pregunta ao respecto da que aínda non obtivo resposta
· Miguel Angel Pérez esixe ao alcalde e aos concelleiros de Persoal e de Cultura que clarifiquen esta situación “sen precendentes neste Concello” e salienta a contradición que supón “falar de catálogo de postos de traballo, de retribucións e de seguridade no emprego mentres se cometen irregularidades deste tipo”.

O Grove, 2 de abril de 2008.- O Goberno local do Grove elude dar as explicacións demandadas sobre a situación dun traballador que está a prestar os seus servizos ao Concello malia que carece de contrato. O Partido Popular presentou hai días unha pregunta ao respecto da que ainda non obtivo resposta “como ven sendo habitual”, segundo sinala o portavoz deste partido, Miguel Angel Pérez.
A pregunta foi plantexada ao ter coñecemento o PP de que un traballador adscrito ao Departamento de Cultura, e que nos últimos dous anos tivo diferentes tipos de contrato, está desde hai tempo prestando os seus servizos a diario en locais públicos dependentes do Concello, como o Museo da Salga, sen ningún tipo de relación contractual, pois está dado de baixa desde hai unhas semanas.
Miguel Angel Pérez esixe ao alcalde e aos concelleiros de Persoal e de Cultura que clarifiquen esta situación “sen precendentes neste Concello” e salienta a contradición que supón “falar de catálogo de postos de traballo, de retribucións e de seguridade no emprego mentres se cometen irregularidades deste tipo”. Igualmente, entende que o Comité de Empresa “debera fiscalizar desde este momento toda a política de Persoal co Concello”.

ESTILO CACIQUIL
Para o Partido Popular resulta “incrible” que un Goberno “que tanto fala de progresismo” practique medidas de emprego “que, máis que precarias, chegan a semellarse á escravitude ou, cecais, ao intercambio de favores ao máis puro estilo caciquil, nunha Administración pública”.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Qué vergoña. Eses son os demócratas, aproveitándose da xente desa maneira.
Polo que contan o pobre home era o rapás dos recados para o concelleiro e o pobre infeliz.
En fin, que volvemos á época da esclavitude