lunes, 11 de febrero de 2008

OUTRA MÁIS DOS " DEMOCRATAS " NACIONALISTAS


No dia de onte (9 de febreiro de 2008) celebrouse na cidade da Coruña unha manifestación en favor da liberdade lingüística que rematou co ataque dos radicais nacionalistas á mesma.
A Mesa pola Liberdade Lingüística, convocante do acto, concentrouse para denuncialas políticas lingüísticas do goberno da Xunta, i entre os invitados atopábase Miguel Angel Robleda LLorente (secretario xeral de Novas Xeracións do Partido Popular da Coruña ) que acabou a xornada ingresado no hospital para ser atendido dos golpes recibidos (sobre todo na boca) por simplemente, pretender manifestar a súa posición nun país que di ter, liberdade de expresión.
Como case sempre, parece que temos que acostumarnos a que se nos acose, se nos insulte, e se nos faga responsables de absolutamente todo, nunha estratexia conducida a amedrentarnos aínda que sexa a base de golpes (coma neste caso). Tivemos que soportar a estes energúmenos cando estaban na oposición, que tiñan licenza para todo, e agora tamén no goberno, que en canto discrepas deles, van e che pegan.
Miguel Angel Robleda Llorente, na confusión e rabia do momento chegou a manifestar que " non podo arriscar a miña vida pola política ". Non nos estraña, e dende O Grove queremos animalo a que siga pelexando, pero coa palabra, coas iniciativas, as manifestacións se fai falla, e opoñéndose a aquilo que entenda que non está ben.
Animámolo a seguir i enviámoslle o noso cariño e solidaridade para percorrer o camiño no que nós lle seguiremos.
Sabede tamén, que o mesmo dia en Vigo noutra manifestación semellante, os promotores da mesma, a plataforma Galicia Bilingüe, tamén foron insultados, acosados e agredidos verbalmente ata que rebentaron o acto os mesmos de sempre, "os demócratas nacionalistas".
Por si elo fora pouco, fai uns días o alcalde nacionalista (BNG) de Gondomar, non permitiu que o autobús desta plataforma, aparcase sequera neste concello, para levar a cabo a súa labor informativa.
¿ Fixo o mesmo, cando foi o autobús da vicepresidencia, para vendelo fume que está a ser ata o de agora a lei da dependencia ?
¿ I estes son, os que enchen tódolos días a boca coas verbas democracia, tolerancia, igualdade, participación............... ?
¿ Quen son neste caso, os autoritarios, os fundamentalistas, os feixistas,................... ?
En ningún pais do mundo sucede, o que está a pasar aquí. Os catro de sempre, impoñen a súa vontade, e non permiten que un pai elixa a educación do seu fillo.
RIAZÓN.
Leer máis noutros enlaces:

1 comentario:

Cardos dijo...

quedais genial escribiendo el texto en gallego, a quien le importa en este pais que se obligue a aprender un dialecto que por otro lado la historia ya ha puesto en su lugar en repetidas ocasiones..
por otro lado sino se les aprende na escola e se lle obriga, se muere fijo,pero eso a nosotros ni nos va ni nos viene, porque lo importante es comunicarse, nada más, verdá que sí? ese es su destino, es la ley del más fuerte.
donde esté cervantes que se quite rosalía...
bueno al menos yo así lo creo, creo,
un saludo