domingo, 9 de febrero de 2014

VIII Congreso Local do Partido Popular do Grove

A Xunta Directiva Provincial do Partido Popular acordou a celebración do VIII Congreso Local do Partido Popular do Grove que terá lugar o vindeiro  9 de marzo de 2014 ás 12:00 horas na Casa da Cultura  "Manuel Lueiro Rey".


Neste Congreso serán elixidos o novo Presidente/a e o novo Comité Executivo encargados de dirixir e representar, de aquí en diante, ao Partido Popular no Municipio do Grove.


Para facilitar o acceso á información de todos os afiliados e afiliadas do Partido Popular, a  Sede Local permanecerá aberta entre as 19:15 e as 20:15 horas os días 12, 14, 17, 19, 21, 24, 26 e 28 de febreiro e o 3 e 5 de marzo. O día 7 de marzo a Sede Local estará aberta soamente de 11:00 a 12:00 horas.  

Para  calquera outra dúbida ou aclaración respecto deste Congreso, non dubides en poñerte en contacto coa Sede Local do Partido.

Documentos:


No hay comentarios: