Comentaban os nosos amigos de O Corgo, esta vez sentados nun daqueles bancos que lles tocou verniz este verán e están diante do concello, que en agosto non hai pleno e teñen razón, así é.
Comentaban tamén algo que sucedeu no anterior (o de xullo). Resulta que no mesmo o BNG presentou para o seu debate unha moción que rezaba no seu titulo así: EN DEFENSA DO SISTEMA PÚBLICO DE SERVIZOS SOCIAIS.
O asunto non tería máis importancia se non fóra polo manido e sobradamente coñecido, inútil e mentireiro discurso deste partido que o seu voceiro e tenente alcalde no Grove, o Sr. Besada, sigue a raxatabla perdendo con elo (ao igual que os seus compañeiros) a pouca credibilidade que lles vai quedando.
Logo de facer defensa a ultranza da xestión dos seus compañeiros na Xunta bipartita no ámbito dos servizos sociais e de denostar todo o que puido o Partido Popular (é o único que sabe facer medianamente ben, aínda que non lle serva para nada) ao contrario do que dixeron os galeg@s cando votaron, ESIXIU de maneira rotunda e clara a necesidade de instaurar un modelo público na xestión dos servizos sociais, que según el (mailos seus compañeiros do Bloque) o Partido Popular está a desmantelar.
Resulta que o noso amigo (tan avispado el) xa se decatou que a lei pola que se rexen os servizos sociais en Galiza (como dirían eles) foi aprobada polo bipartito (Lei 13/2008) e di o seguinte:
os servizos sociais prestaranse polas administracións públicas galegas directamente ou DE MANEIRA INDIRECTA, a través de diversas modalidades de contratación de xestión de servizos públicos establecidos na normativa reguladora dos contratos do sector público, especialmente pola modalidade de concerto
E sigue:
as PERSOAS FISICAS E XURIDICAS PRIVADAS, de iniciativa social ou de carácter mercantil PODERAN ACTUAR como entidades prestadoras de servizos sociais, crear centros de servizos sociais,, así como xestionar programas e prestacións , e así poderíase seguir un bo rato pero pensa o noso amigo que é suficiente.
Contaba tamén, e foi verdade, que no transcurso do pleno foi preguntado o sr. Besada si revertería a público o servizo de axuda a domicilio do noso concello que está adxudicado a unha empresa privada e dixo que NON, que estaba ben como estaba.
Pero en que quedamos,
- esíxelle aos demais o que non fai el?
- pretende agora que non se aplique unha lei que eles mesmos (o BNG) aprobaron?
- sucede que as empresas PRIVADAS que se contrataban na época do bipartito tiñan un "pedigri" que non teñen as que se contratan agora?
- porque non quere que sexa público o servizo de axuda a domicilio no Grove, si el está esixindo iso a Xunta?
- tal vez, porque tiñan montada unha rede clientelar en torno as oficinas comarcais de servizos sociais que se lles ven abaixo?
- non son estes os que sempre se queixaron dos chiringuitos do PP?
A verdade é que hai que estar máis atentos ao noso amigo do Corgo pois non se lle escapa unha. Xa nos anuncia para pronto o novo contrato do servizo de axuda a domicilio que se vai a adxudicar, a unha EMPRESA PRIVADA, de quen será?
No hay comentarios:
Publicar un comentario