martes, 6 de julio de 2010

A última ocorrencia do BNG ao respecto do PXOM é un insulto os grovenses.

O Partido Popular de O Grove lamenta o espectáculo que este goberno sen dirección, está a ofrecer aos seus veciños.

O Grove, 7 de xullo de 2010.- En días pasados os grovenses non saiamos do asombro o ver o comunicado que o BNG enviaba aos medios de comunicación reclamando por en marcha os traballos do PXOM.
Por unha banda alegrámonos que por fin un membro do goberno recoñeza publicamente o que dende a oposición o PP ven denunciando dende fai máis de dous anos e o alcalde se empeña en desdicir continuamente. Son estes compañeiros (os do BNG) quen o deixan en evidencia e lle chaman mentireiro.

Dende que, “non detectaba unha necesidade tan importante” do documento ata que estaban “traballando con paso firme no mesmo”, pasando por que “no mes de xuño (o pasado) teriamos un avance aprobado” e moitas mentiras máis ata este momento en que o BNG reclama o seu inicio, van tres anos de incontables mentiras deste alcalde, de non haber feito absolutamente nada no problema máis importante que este concello ten encima da mesa, a pesares das ofertas de axuda e colaboración incondicional por parte do Partido Popular de O Grove, e de perpetuar ao noso concello e aos nosos veciños nunha grave indefensión pola irresponsabilidade deste goberno.
O sorprendente neste momento é que un membro deste goberno, o BNG, que ostenta a primeira tenencia de alcaldía, que disfruta ademais dunha dedicación exclusiva, se atreva a saír a palestra, a reclamar que se faga ese traballo.

A quen llo reclama?
E que eles non teñen responsabilidades no goberno?
Qué estiveron facendo durante estes máis de tres anos?
Non teñen un concelleiro (1º tenente de alcalde) que ademais cobra para que faga algo de proveito por este pobo?

A situación xa non pode ser máis absurda. Un grupo político coas condicións xa mencionadas dentro do equipo de goberno, que nos últimos tempos dedicase a amagar pero non a dar, poñendo en cuestión a labor do propio goberno (como si eles foran alleos o mesmo), ameazando con deixalos plantados pero que non son capaces de facelo (quizais polo soldo que existe polo medio), cun bagaxe e un papel do 1º tenente de alcalde cuestionado por todo o mundo (incluídos os seus compañeiros) e resulta que agora pretenden facer responsables desta desfeita aos demais.

Non se pode ser goberno e oposición ao mesmo tempo. As responsabilidades son de quen ten o poder e neste caso son vostedes. Exérzano e póñanse a traballar.
Benvidos sexan a cordura si de verdade é para pórse a facer o PXOM, si é para aparentar, para empezar a marcar diferenzas porque se aproximan as eleccións é moi tarde. Os veciños de O Grove están moi cansos destes espectáculos e o único que queren e traballo, seriedade e compromiso e non estas saídas de tono que xa non enganan a ninguén.
E certo que queda moito traballo e a pesares destes desesperados intentos para confundir, logo de máis de tres anos sen facer nada (tal como recoñece o BNG), os grupos políticos e os colectivos seguimos a esperar a chamada deste mentireiro alcalde e tamén dos seus socios do BNG que son igual de responsables ca el da desfeita.

No hay comentarios: