miércoles, 30 de junio de 2010

Rogos e preguntas do Pleno Ordinario, 28 de xuño de 2010

Consello sectorial de Turismo

Fai xa moitos meses que se celebrou o último Consello sectorial do Turismo e da Festa do Marisco. Daquela, o concelleiro responsable prometeunos que nada máis acabala edición da Festa seriamos convocados para analizar e comentar distintos aspectos da mesma e do funcionamento do propio Consello, pero como xa nos ten acostumados non se fixo absolutamente NADA.
Recordo como moi habitual como os grupos que hoxe forman goberno reclamaban insistentemente por este motivo, xuntanzas, presentación de contas, participación nas decisión do consello, etc. etc. e todo elo por facer ruído mediático unicamente, posto que a súa participación naqueles foros era bastante tida en conta e a información que o goberno daquel momento aportaba aos membros do consello era puntual, extensa e compartida. As contas, máis un dossier de prensa e o resumo das actividades da Festa era entregado sempre antes de finalizalo ano, cousa de deixou de facerse dende que gobernan vostedes.
Así poderiamos estar relatando incidencias ata aburrirnos, pero tendo en conta que estamos a tres meses do evento, que a situación non muda en canto aos comportamentos, porque nin se nos convoca nin se nos informa nin nada de nada, é polo que PREGUNTAMOS,

Váísenos convocar a algún consello, previo a Festa do Marisco?

En que estado se atopa a programación da mesma?

O ano pasado en vez de convocarnos, enterámonos polos medios de comunicación que o concelleiro estaba pensando en facer cambios no Simposio de Escultura e supomos que a estas alturas xa debera saber que facer, podemos saber de que se trata? hai algunha novidade por tratarse dun ano xacobeo, como se prometeu?

Consello sectorial de Educación
ss
Xa que estamos a falar de consellos sectoriais, que na teoría son unha ferramenta clave no que é a participación, xa non só dos grupos políticos senón tamén dos axentes sociais na vida municipal e tendo en conta que esta promesa, a participación cidadá, ía ser unha das bazas deste goberno, un dos eixes polos que se ía distinguir das etapas anteriores e sen embargo estamos a comprobar como en casque todo, que precisamente aqueles temas dos que fixeron bandeira é onde peor funcionan.
Este da participación é un deles. Vexan as ducias de veces que durante os mandatos anteriores lle esixían a quen gobernaba entonces o que vostedes agora non fan.
Sen embargo, non queremos que remate o mandato sen que poidan cumprir algún dos seus propósitos e por elo lles recordamos que algún destes consellos están neste período todavía inéditos, como é o caso do de Educación.

PREGUNTA,

Sabe o alcalde que este consello non foi convocado NUNCA durante o seu mandato, a pesares de ser Educación, según vostede unha das súas prioridades?

Ten pensado a concelleira do ramo, estrearse neste tema?

Consello Económico e Social

E para rematar hoxe este tema da participación recórdolles tamén o “pesaditos” que se poñían moi a miúdo co tema do Consello Económico e Social do Concello de O Grove.
Non se trata de que o convoquen. Tratase de que o formen, o leven a cabo.

Recordan cantas veces trouxeron a pleno este asunto mentres foron oposición?. Dígollo eu, penso que unha vez cada ano,

PREGUNTA,

Pensan vostedes constituír este órgano no que tanto insistiron e que según vostedes era crucial, para un bo desenvolvemento do noso concello?

Para cando?

Terra de Porto e Confín

En distintas ocasións preguntamos neste pleno pola situación de dous puntos da nosa costa onde a cotío se detectan vertidos de augas fecais e ademais de culpar diso a outras administracións nunca se nos dixo si o tema se ía resolver ou non. Refírome a Terra de Porto e Confín.
Queremos pensar, que no caso de Terra de Porto e habida conta de que no lugar vaise construír unha das plantas de bombeo da nova depuradora, poderá ser a saída para solucionar o problema definitivamente, pero gustaríanos que dende o goberno nos dixesen si estamos no certo.

PREGUNTA,

Solucionarase o problema dos vertidos en Terra de Porto coas actuais obras?

Cál vai ser e para cando a solución en Confín?
ss
Dietas Academia de Seguridade

Comprobando as actas da Xunta de Goberno Local (concretamente a de 8 de abril de 2010) vemos que os policías locais que realizaron o curso de habilitación na Academia de Seguridade na Estrada solicitaron unha serie de dietas por aproximadamente a metade do tempo que alí estiveron.
Chama a atención que son aprobadas pola Xunta de Goberno e ao mesmo tempo advírtelle a estes que será a última vez que se aproben dietas por este concepto. Existe tamén neste acordo un informe da intervención municipal onde, en base a unha sentencia xudicial, este tipo de dietas non deberán pagarse.
Si isto é así, que existe sentencia xudicial nese senso, e ademais a actitude marcada polo propio goberno ao dicir que nunca máis pagará dietas por ese concepto recoñecendo implicitamente que non debería facelo.

PREGUNTA,

Cal é finalmente o criterio do goberno neste asunto?

Si como parece (e como actúa) é que esas dietas non existe obriga de pagalas, por qué se abonan?

Valedor do Pobo

Na pasada semana, recibo notificación do Valedor do Pobo na que me notifica que o concello de O Grove, persiste na súa actitude de non enviar a información solicitada en varias ocasións en relación con unas queixas feitas por este Grupo Municipal.
Anúnciame así mesmo que mediante outra petición solicitará de novo, e creo que será a cuarta vez que o faga, a documentación necesaria para poder facer o seu traballo.
Paréceme inexplicable esta actitude obstrucionista do noso concello. Vostede, sr. alcalde que continuamente está queixándose do respecto institucional referíndose a outras administracións,

Qué nos pode dicir da súa actitude neste caso?

E que non merece a súa atención esta institución?

Non está acaso entre as obrigas dun alcalde, colaborar con este órgano da nosa administración?

Porqué non lle manda a documentación que o Valedor lle pide?

ROGOLLE,

Que o faga dentro do prazo da semana que ven. Nin é tan complicado facelo nin fai falla tanto tempo.
Non me obrigue a que sexa eu por escrito (a min teríama que dar de inmediato) quen faga a solicitude e a continuación lla faga chegar ao Valedor, porque quedaría vostede en moi mal lugar.

No hay comentarios: