miércoles, 16 de junio de 2010

O anuncio de obras no Corgo (sifonado de arquetas) non fai máis que confirmar o fracaso dalgunhas das obras do Plan E , que tan de cabeza trouxeron a este goberno.

O Grove, 16 de xuño de 2010.-
Fai uns días o alcalde de O Grove anunciaba moi satisfeito o fin dos cheiros na Praza de O Corgo coa acometida dunhas obras que consistían fundamentalmente en sifonar determinadas arquetas e construír outras que acabarán co problema.
Se, finalmente se rematan os cheiros benvidas sexan as actuacións, pero o anuncio destes traballos poñen de relevo e sobre todo en cuestión moitas das obras executadas co Plan E I, que alomenos en teoría terían entre os seus cometidos rematar con esta situación que agora, por boca do alcalde, comprobamos que non o fixo.
As obras levadas a cabo co Plan E I, nas rúas da Igrexa e Rosalía de Castro (por valor de centos de miles de euros), posteriormente conectadas coas de Montiño e Río Rasoeiro deberán deixar definitivamente arranxado este problema, posto que en todo o tramo colocáronse tubarias separativas de augas fecais.
Se aínda así saen cheiros, quere elo dicir que o problema non foi arranxado; que de seguro se construíron algún aliviaderos ou conexión que unen as dúas tubarias (fecais e pluviais) e deste xeito o río segue a recibir augas contaminadas por unha banda e a planta de pretratamento segue a tratar augas limpas co custe que iso supón.
En definitiva, que se gastaron unha morea de cartos para supostamente arranxar un problema e deixouse igual.
Agora, para tapar a evidencia delo, téñense que facer obras de novo, que son as anunciadas polo alcalde.
Non quedamos en que as empresas que se contrataran eran especialistas nestes temas?
Precisamente iso, foi o alegado polo alcalde para xustificar a non contratación de empresas de O Grove.
E quen pagará agora estes arranxos, concello ou empresa?
Solicitaremos resposta delo no concello a través dalgunha iniciativa. Averiguaremolo e daremos conta delo.
O máis sorprendente do asunto é a tranquilidade coa que se asume (aínda que sen querer, iso si) a nefasta xestión do executado, pois non cumpre as función para as que foi proxectado. Ao final, a pesares dos metros e metros de tubaria enterrada as augas fecais seguen a discorrer polo leito do río. De outra maneira non se explica que sairán cheiros, e tapalos como se anunciou só enterra o problema pero non o soluciona

No hay comentarios: